Zas ten orzamentos para o 2019


O Concello de Zas aprobou onte, cos votos a favor do BNG e coa abstención do PP, os orzamentos do 2019 que ascenden a 4.185.518,10 euros, un 3,59% máis ca no 2018. Foi no marco do último pleno do ano, que apenas durou 20 minutos.
Un de cada catro euros destínanse a investimentos e dúas das obras máis importantes, a construción do tanatorio de Zas (454.000 euros) e as axudas á dependencia (479.000 euros) can enfocadas ás políticas sociais.Principais investimentos
Os gastos de persoal, correspondentes ao capítulo 1, representan o 21,47% dos orzamentos para o 2019.
Os gastos correntes de bens e servizos, relativos ao capítulo 2 dos orzamentos, ascende a 2.109.794,76 euros o que supón o 50,40%. Esta é unha partida que lle permite ao Concello de Zas sufragar os gastos derivados da xestión do lixo, do alumeado público, do mantemento das instalacións deportivas, entre outros, e que segundo valorou Manuel Muíño “permite manter no mellor estado de conservación posible as nosas infraestruturas evitando así o seu deterioro”.
O capítulo 6, relativo aos investimentos reais, representa o 25,48% dos orzamentos o que se traduce en 1.066.845,02 euros. Neste apartado, o Alcalde de Zas destacou que é unha cifra “conservadora” xa que non se contemplan actuacións que xa están comprometidas por outras administracións como a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. Neste sentido, esta partida - que permite acometer obras de importancia para o municipio como son o mantemento e a conservación da rede viaria municipal e dos edificios públicos. Estas son algunhas das obras proxectadas:
Política social
Os Servizos Sociais e a Promoción Social son outro dos piares dos orzamentos para o 2019 do Concello de Zas xa que supoñen case o 15% do total o que se traduce en 621.829,96 euros. Dentro deste apartado destacan as partidas destinadas á dependencia (479.216,52 euros) e a axudas para estudantes (30.000 euros). “Un 11,44% do orzamento do Concello de Zas destinase á dependencia; unha cifra bastante superior á da Xunta de Galicia que destina a esta partida o 3,88% do seu orzamento”, sinala p alcalde Muíño.