Mércores. 01.04.2020
El tiempo

Zas zampou 2.000 filloas á pedra

Zas zampou 2.000 filloas á pedra
Festa da Filloa de Zas 2018-Foto-Jose Brenlla Espectaculares as filloas á pedra de Zas

Satisfacción, e enchenta, por Zas. A IV Festa da Filloa de Zas foi todo un éxito, con máis de 400 persoas zampando as 2.000 filloas que as 5 bravas cociñeiras prepararon ao longo do pasado sábado. Os calefactores facían boa falta para deixar que os -2º quedasen fóra do pavillón.

Eran 20 as pedras que xestionaban as 4 cociñeiras que estiveron traballando de 12:00h da mañá a 1:00h da madrugada á ordes de Ana e Moncho. As pedras botaron fume durante máis de 12 horas, pois cada filloa leva uns 7 minutos na pedra.

A filloa utlizouse xa para o aperitivo, levando crema de queixo e mermelada de pemento. E durante a cea, acompañou ao cocido de porco celta, que preparou o Restaurante Tívoli e que serviron o equipo de 30 voluntarios de Asociación de Veciños Barolo de Loroño.

E como non podía ser doutro xeito cando falamos de Zas, non faltou a música. Abríu os petiscos Sindo Dourado co acordeón. Os rapaces de Vinte en Baio saltaron ao estrado en clave de foliada, e despois o Dúo Rosal puxo o baile final, despois do biscachón (feito polo panadeiro de Vila), o queixo con marmelo e o café de pota. Para completar a festa, houbo máis de 70 regalos.

Festa da Filloa de Zas 2018-Foto-Jose Brenlla5 Máis de 400 persoas ateigaron o pavillón de Zas

Pécha así Zas o Mes da Filloa, despois de levala ao Xantar, convertila en vangarda deportiva no Trail e do disfrute gastonómico do sábado. “Acabouse a filloa ata o ano que vén”, sinala un David Fernández, membro da organizadora Asociación de Veciños Barolo de Loroño, que agradecen ao Concello e á Deputación a súa colaboración para facer posible esta festa que nacía coa intención de ser unha festa para os veciños de Loroño e xa abrangue a todo o concello. En breve seremos toda a Costa da Morte a que se achegue a gozar da filloa á pedra zaseira.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios