Balonmán: Doble e dolorosa derrota


Caeron os dous equipos do balonmán costeiro. Caeu o Calvo Xiria en Bueu e volve perder o liderado a mans do Chapela.
E caeu o Balonmán Camariñas en Vigo, e deixa escapar aos dous de arriba.
1ª Estatal, xornada 23
- Resultado: Servi-Auto Bueu - Calvo Xiria (34-31).
- CALVO XIRIA 31 (18+13): Martín Gómez [p], Alejandro Naya, [p], Alejandro Calvete, Brais Puñal (1), Manuel Méndez (6), Sergio Facal, Uxío Batán (2), Martín Alfeirán (9), Gonzalo Pombo (3), Ramón Suárez–Pumariega (1), Jorge Bouzas (4), Javier Rodríguez (1), Mario García de Seárez, Carlos Vilanova (4).
Se ata esta xornada o máximo de goles encaixados durante a liga polo Calvo Xiria era de 26, ante o Bueu foron 34. Dende o inicio viuse a un equipo carballés pouco centra do na parcela defensiva, na que debería ter cimentado a súa vitoria. Tampouco na finalización estivo moi fino o conxunto verdinegro na tarde do sábado. Dende o inicio levaron os locais o partido ao seu terreo, e non foron capaces nin o adestrador carballés nin os xogadores de dar a volta a esta situación. Este resultado obriga aos verdinegros a non cometer máis erros no que queda de liga se quere rematar coma campión. Non será doado pois a vindeira xornada visita a cancha do quinto clasificado, o Luceros de Cangas, que contará con todos os xogadores que militan en Asobal. Mais de seguro que si os carballeses defenden coma xa amosaron nalgúns encontros desta tempada terán opcións de facerse ca vitoria.
1ª Autonómica, xornada 17
- Resultado: Sedona - Bm. Camariñas (29-25)
- Bm. Camariñas: Bruno (p), Víctor (p), Alán (3), Fary (8), Eusebio (3), Jaime, Checho (1), Moncho (1), Fabio, Catalán (5), Fran, Antelo (4), Xabi e Xosé.
Caeu o cadro conserveiro en Vigo, e deixa escapar os dous primeiros clasificados, Teucro e Rasoeiro, escapen a 9 e 8 puntos respectivamente.
Mal partido do Camariñas en Vigo pero foi aínda peor o dos árbitros Chegaba o Camariñas a Vigo con ánimo de facerse cos 2 puntos en casa do Seis do Nadal, empezou ben pero as malas decisións arbitrais sacárono do partido até o punto de sacar cartón vermello a 4 xogadores do equipo visitante.
O próximo fin de semana dobre xornada. O sábado ás 18:30 Camariñas - Chapela no Pavillón de Ponte do Porto, e o domingo ás 12:30 no mesmo pavillón Conservas Boya Camariñas - Galipizza Viveiro. Xóganse os partidos no Pavillón de Ponte, debido ao acondicionamento de O Areal para a Mostra do Encaixe. O partido contra o Galipizza Viveiro corresponde ao aprazado no seu día polo temporal.
Máis información
Novas relacionadas
- Mandando en solitario.
- O Calvo vence no xeo.
- O Xiria vence a ritmo da Batucada mentres o Camariñas perde opcións de loitar polo título.
- Quecendo para as primeiras finais.
- Cas opcións intactas.
- O Calvo Xiria mantense implacable.
- Balonmán: A primeira volta remata con podios.
- Balonmán: Xiria e Camariñas rematan o ano moi, moi arriba.
- Pleno de vitorias para o balonmán costeiro.
- Balonmán: 8 de 8 e unha polo cerco.
- Balonmán: O Calvo Xiria segue invicto.
- Líderes.
- Balonmán: Camariñas e Xiria seguen sumando vitorias.
- O Balonmán arrinca con vitorias en Camariñas e Carballo.
- Camariñas queda sen equipo feminino de balonmán esta tempada.
- O Bm. Camariñas renuncia ao ascenso para centrarse na base.
Fonte
- Bm. Camariñas e Calvo Xiria.