mércores. 30.04.2025
El tiempo

Balonmán: Mandando en solitario

Balonmán: Mandando en solitario
O Calvo Xiria volve a liderar en solitario a 1 estatal O Calvo Xiria volve a liderar en solitario a 1ª estatal

Volve a liderar en solitario o Calvo Xiria a 1ª Estatal despois de vencer o derbi ante o Ártabro con solvencia e aproveitar o empate entre os seus inmediatos perseguidores, Chapela e Novás. Queda o Chapela a 1 punto e o Novás a 5 a falta de 8 xornadas para o remate.

Mentres o Bm. Camariñas sumou unha apretada vitoria no Areal. O Camariñas reaccionou ao final remontando para seguir á espectativa do que poidan fallar os dous de arriba, pois queda na 3ª praza a 7 puntos do liderado pero cun partido menos. Mentres tanto terá que prepararse para a Copa, que este ano é serio aspirante para conseguir o título, xa que na liga non depende de si mesmo.

1ª Estatal, xornada 22

  • Resultado: Calvo Xiria - Ártabro (37-17)
  • Calvo Xiria: Martín Gómez [p], Alejandro Naya, [p], Alejandro Calvete (1), Brais Puñal (6), Manuel Méndez (1), Sergio Facal (3), Uxío Batán (6), Martín Alfeirán (5), Gonzalo Pombo (1), Ramón Suárez–Pumariega (3), Jorge Bouzas (3), Javier Rodríguez (5), Mario García de Seárez (1), Gabriel Castiñeiras (2).

Saíu o Calvo Xiria cas ideas moi claras ao Vila de Noia, evitar relaxación e resolver o encontro o antes posible para escapar de calquera situación non desexada. O primeiro parcial de 4-0 deixou ben ás claras as intencións dos bergantiñáns, que no primeiro cuarto de hora levaron a diferenza até os oito goles deixando o partido visto para sentenza, non só polo marcador senón sobre todo pola intensidade que amosaban na pista. A partires dese minuto pouca historia tivo o partido, chegándose ao descanso cun +14 moi evidente. O segundo acto foi un mero trámite que permitiu dar descanso a todos os xogadores locais.

Ten agora Calvo Xiria dúas saídas consecutivas, a primeira a Bueu e a seguinte a Cangas.

 

1ª Autonómica, xornada 17

  • Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Tui (21-20)
  • Balonmán Camarilñas: Bruno ℗, Víctor (p), Alan (3), Fary (4), Eusebio (4), Checho (1), Damián, Fabio, Catalán (6), Xosé, Héctor, Fran, Antelo (1), Xabi (2).

O Camariñas sempre foi a remolque do Tui, que puido dar a sorpresa no Areal e facilmente levarse os dous puntos. Conseguiu reaccionar no segundo tempo para manter os puntos na casa.

A próxima fin de semana desprázase o Camariñas Conservas Boya á sempre dificil praza de Coia en Vigo onde o Balonmano Camariñas debe intentar conseguir os dous puntos que o manteñan con aspiracións á liga.

 

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios