xoves. 01.05.2025
El tiempo

Bergantiños, un pouco máis preto de Moldavia

Bergantiños, un pouco máis preto de Moldavia
Moldavia con Senda Nova Emocionante a exposición de Clara Valentina Jelihovschi e Ion Jelihovschi, que fixo viaxar ata Moldavia a un grupo de veciños de Bergantiños nunha nova sesión das Historias de Inverno de Senda Nova. De piloto fixo Roberto Rivas, un dos bombeiros máis comprometidos do país, e membro da familia carballesa, e foron os propios protagonistas os que explicaron o paso do comunismo ao capitalismo a través da escola deste país do este europeo. Unhas 20 persoas acodiron á cita en Oza, e agradeceron o compromiso tamén dos moldavos pola cultura galega. Así, o tren desta 3º edición das Historias de Inverno de Senda Nova chega ao final do traxecto. A última parada será en Coristanco, na parroquia de Couso o vindeiro venres día 17 ás 19 h. dende o local de Currás- Couso.

Fonte

  • Senda Nova.

Comentarios