Carnota, centro mundial do trial
Da presentación encargáronse o alcalde de Carnota, Ramón Noceda; o concelleiro de deportes, Iván Franco , o presidente do Club Motociclismo Teo, Casimiro García e o piloto carnotán, Carlos Waldomar.
Si, os 5 mellores pilotos de trial do mundo estarán en Carnota esta fin de semana. Non todos os días celébrase na nosa bisbarra un Campionato de España dunha disciplina, e estes 24 e 25 de setembro, gracias a implicación de Carlos Waldomar, o Club Motociclismo de Teo e o apoio municipal, Carnota acollerá a 6ª proba puntuable do Campionato Galego e de España de Trial.
Cos últimos detalles anda a organización co propio Waldomar a cabeza. “Hei de quedar sen pernas despois de patear todo o monte… Non sei como vou correr o sábado”, bromea Waldomar, que aspira a todo na súa categoría dos Veteranos, do que xa leva varios podios seguidos nos últimos anos.
103 pilotos sairán da partida, destacando a presencia do varias veces campión do mundo Toni Bou. Non será o único, a elite mundial visitará a Costa da Morte, con nomes como Adam Raga, Albert Cabestany, Jernony Fajardo e os galegos Jorge Casales e Gabriel Marcelli.
Unha proba que serve para que vexamos deporte de alto nivel, pero tamén serve para levar a Costa da Morte polo mundo. A idea de aproveitar o poder do deporte para promocionar o turismo costeiro segue funcionando.
Horarios
Horarios e categorías:
Sábado 24
Categorías XUVENIL, FEMINAS, VETERANOS, CADETE, TR4.
- De 9:00 a 12:00 h Verificacións, entrenamento e visita zonas.
- Saída 1º participante Campionato Galego Trial ás 12:15 h.
- Saída 1º participante Campionato España Trial ás 13:00 h.
- Podium aprox. ás 19:00 h.
Categoría TR1, TR2, TR3, JUNIOR
- De 10:00 a 12:00 h verificacións administrativas.
- De 10:00 a 13:00 h entrenamentos (zona Pedrafigueira)
- De 15:00 a 17:00 h visita de zonas.
Domingo 25
- VERIFICACIÓNS TECNICAS 15 MINUTOS ANTES DE TOMAR A SAÍDA.
- Saída 1º piloto ás 9:00 h.
- Saída 1º piloto TR1 ás 12:00 h. (aprox.)
- Podium aprox. ás 16:00 h.
As verificacións e saídas serán no Polideportivo de Carnota.
Novas relacionadas
- Os 5 mellores pilotos de trial do mundo estarán en Carnota o 25 de setembro.
- Carnota prepárase para acoller unha proba do Campionato de España de Trial.
- Carlos Waldomar queda, un ano máis, ás portas do Campionato Galego de Trial.
Fonte
- Redacción de QPC Motor (info@quepasanacosta.com).