xoves. 08.05.2025
El tiempo

Chega a Malpica o proxecto artístico "Aldeas sen voz"

Chega a Malpica o proxecto artístico "Aldeas sen voz"
aldeas sen voz malpica Dende mañá e ata o domingo 2 de outubro, o centro cívico de Malpica acolle o proxecto artístico "Aldeas sen voz" que o integran as 139 fotografías de Vicente Ansola, 21 poemas e 9 relatos de distintos autores. O acto de inauguración está previsto para as 12 horas do sábado, e contará coa participación de autores e organizadores. Neste proxecto artístico multidisciplinar, a concellería de Educación, Cultura e Turismo traballa en colaboración coa asociación cultural Caldeirón e o colectivo poético A Porta Verde do Sétimo Andar. O peche da exposición coincidirá coa presentación do libro “Aldeas sen voz” o 2 deoutubro ás 18 horas. Será tamén no centro cívico de Malpica. A mensaxe A historia de “Aldeas sen voz” desenvólvese no territorio denominado por Vicente Ansola como “Triángulo dos Trasnos”, no municipio lucense da Pontenova. As súas imaxes representan o abandono do mundo rural e o deterioro de aldeas que no pasado foron xermen de vida, convivencia a subsistencia. Con elas o autor intenta concienciarnos sobre a necesidade urxente da conservación e recuperación destes lugares, tanto no aspecto arquitectónico coma no social e de servizos. “Aldeas sen voz” é una obra con mensaxe na que participaron 18 poetas de toda Galicia que forman parte do colectivo "A Porta Verde do Sétimo Andar": Paco Souto, Rochi Nóvoa, Xosé Igrexas, María José Fernández López, Iolanda R. Aldrei, Jose Estévez, Miguel Ángel Alonso Diz, Patricia Sánchez, Miguel Alonso, Marta Pedrosa Agra, Rosa Enríquez, Xosé Manuel Abeledo, Alfonso Láuzara, Pili Mera, María N. Soutelo, Ramiro Vidal y Manolo Pipas, además de Loli Beloso, Alberto Calvín Corredoira e Belén Rico Prieto, o director de cine Pepe Jordana, Francisco Martín Medrano, Pablo Quintana... e todos os veciños e veciñas da contorna. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Malpica

Comentarios