xoves. 01.05.2025
El tiempo

Cheo na Fervenza do Ézaro

Cheo na Fervenza do Ézaro
Ateigada a Fervenza do Ezaro coa iluminacion nocturna-Foto-Rafa Quintans Ateigada a Fervenza do Ézaro coa iluminacion nocturna-Foto-Rafa Quintáns

Moi difícil lembrar días nos que o Ézaro estivo tan extremadamente ateigado como esta Semana Santa, exceptuando as citas ciclistas. De punta a punta, os coches enchían a vila dumbriesa a calquera hora do día, creando longas colas para entrar e saír a través da estreita estrada, para intentar disfrutar dunha das meirandes atraccións da nosa Costa da Morte.

Cumplidos 6 anos dende a súa liberación, e 5 dende o primeiro paso de La Vuelta, a fervenza é xa o segundo punto máis visitado da comarca tralo simbólico Cabo Fisterra.

E esta Semana Santa a férveza dumbriesa volveu dar conta do seu potencial de atracción. A Oficina de Turismo do Concello non deu abasto, e se ben atendeu a máis de medio millar de turistas ao día, a xente que entraba na mesma só supoñen unha pequena porcentaxe de todos os visitantes.

https://www.facebook.com/CostaDaMorteGalicia/videos/1450705541640215/   https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10155076515172177/   Ateigada a Fervenza do Ezaro coa iluminacion nocturna 2-Foto-Rafa Quintans Ateigada a Fervenza do Ezaro coa iluminación nocturna -Foto-Rafa Quintáns

A iluminación nocturna volveu ser un rotundo éxito, como o refrendan estas imaxes do venres Santo, que se repetiron igualmente o xoves e o sábado. Se non o vistes, ide apuntando as vindeiras datas.

Programa de iluminacion nocturna da Fervenza cascada do Ezaro 2017

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios