Comezan os preparativos da conmemoración do centenario do pasamento de Pondal
07:14 13/12/16
O alcalde de Ponteceso e o xerente da Fundación Eduardo Pondal presentaron os actos previstos ao presidente da Deputación
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu onteno seu despacho da institución provincial ao alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, e ao xerente da Fundación Eduardo Pondal, José María Varela Martínez, que presentaron os actos que a entidade está preparar de cara a 2017, con motivo do centenario do pasamento do escritor pontecesán, autor da letra do himno galego.
González Formoso comprometeu o apoio da Deputación para levar a cabo os actos de celebración desta efemérides en colaboración coa entidade, co obxecto de pór en valor a figura literaria de Pondal e as súas numerosas contribucións á cultura galega.
Novas relacionadas
- 2016: Os Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal, primeiro prato do menú do Festiletras
- 2016: Sabroso e variado menú cultural para o gran Festiletras 2016.
- 2015: Ángel Carracedo, Margarita Ledo, Siro López e Guadi Galego, os Bos e Xenerosos da FEP 2015
- 2014: Os Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal.
- Guadi Galego: “As letras galegas xa non son se non hai Festiletras”.
- Festiletras 2015: Emotividade e risas para o comezo do #Festiletras2015.
- Festiletras 2014: A Aldea das Letras abre os ollos a outros mundos para seguir facendo país.
- Festiletras 2013: As grandes actuacións encheron a Aldea do Couto de Letras.
- Festiletras 2012: Cheo tras cheo no espectacular Festiletras da aldea do Couto.
- Festiletras 2011: Hai canteira para a Festa das Letras do Couto.
- A mocidade que forma.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Deputación da Coruña.