Concello e Asociacións piden manter Laxe como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos


Segue a ser a creación de novos parques eólicos un dos temas máis polémicos na nosa Costa da Morte. As discrepancias entre os partidaros do aproveitamento económico do espazo natural e dos conservacionistas seguen manifestándose en proxectos como o da Batata ou nos numerosos parques eólicos que enchen os nosos montes.
Nesa disxuntiva atópanse varios grupos activos da sociedade bergantiña ante a creación dun parque eólico en Laxe, o que sería o primeiro. Falamos do proxecto de parque eólico de Pena Forcada Catasol II, iniciativa de Unión Fenosa para instalar tres aeroxeradores no monte Chan, entre Soesto e Traba, moi cerca da área protexida dos Penedos de Traba e Pasarela.
Contra este, as Asociacións Contramínate, Petón do Lobo, Cova Crea, o Grupo político BNG de Laxe veñen de enviar alegacións á Xunta, dado o impacto paixasistico irreversible que carrexaria sobre a zona. Lembran que o Concello de Laxe é até agora, o único Concello libre de eólicos da Costa da Morte. E piden, co apoio do Concello, por tanto que o proxecto se evite e se potencien os que xa existen.
Novas relacionadas
- Xaneiro 2016: O proxecto da batata promete xerar 1600 postos de traballo.
- Decembro 2014: Dous novos parques eólicos ameazan os montes de Bergantiños e Soneira.
- Xuño 2014: Critican a repotenciación do Parque Eólico do Cabo Vilán.
- Agosto 2012: Rotunda oposición ao parque eólico Outes-Mazaricos.
- Agosto 2012: 23 eólicos ocuparán a fachada marítima de Touriñán.