Imprimir

10 concellos da Costa da Morte contarán con servizo de normalización lingüística gracias á Deputación

que pasa na costa | 12 de abril de 2019

Galego na mina propia lingua
Galego na mina propia lingua

Só 47 concellos da provincia presentaron a súa candidatura á liña de axudas destinada á creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística. Entre elas, 6 das propostas son de concellos da Costa da Morte. Muros, Ponteceso e Santa Comba contarán co seu propio axente normalizador, mentres que os concellos de Carnota e Mazaricos, Dumbría e Muxía, e Fisterra e Corcubión, compartirán o seu.

A través da convocatoria, dirixida a concellos de máis de 5.000 habitantes ou mancomunidades, a Deputación da Coruña financia con 12.000 euros as retribucións do persoal técnico dos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos.

Entre as funcións dos Servizos de Normalización Lingüística recóllense asesorar á administración na procura do incremento do uso e prestixio da lingua, velar polo cumprimento da lexislación, emitir informes para incorporar accións normalizadoras, fomentar o uso do galego no conxunto da sociedade ou propoñer programas dinamizadores, entre outras.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/10-concellos-da-costa-da-morte-contaran-servizo-normalizacion-linguistica-gracias-deputacion/20190412103316108633.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA