Martes. 23.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O derbi é irmandiño

Baio 0-2 Soneira
Baio 0-2 Soneira
1ª Galicia: O derbi é irmandiño

No derbi costeiro desta xornada, o Soneira mostrouse superior ao Baio en case todo o encontro e tivo numerosas ocasións para acadar un resultado máis abultado do que o foi.

Pola súa banda e ao igual que os vimianceses, Dumbría e Mazaricos tamén lograban comezar a tempada con bo pé e facíano despois de vencer ao Cordeiro e ao Unión, respectivamente.

Mentres tanto, o debutante na categoría como era o Volantes de Baño non puido comezar gañando pero si que sacaría un resultado positivo ao empatar a un gol co Agolada.

Volantes de Baño FC 1 – 1 SD Agolada

Volantes de Baño FC: Marcos, Cacho, Abel (Pardelo m.55), Thiago, Xián (Godo m.55), Rachón (Alberte m.90), Pesco, Kevin, Jano, Óliver, Álex Pri.

Goles: 0-1 m.23: Jose; 1-1 m.41: Thiago.

Expulsión: O bañés Thiago no minuto 75.

O Volantes de Baño non logrou controlar o partido en ningún momento, aínda que si que tivo moitísimas ocasións para levarse os tres puntos.

A pesares disto, os primeiros en golpear serían os visitantes logo dun erro de marcaxe á saída dun córner que aproveitaría Jose.

Ao fío do descanso, Thiago devolvería as táboas ao marcador e na reanudación sería expulsando, deixando aos seus con dez.

A pesares disto, os de Sil aguantarían ben e tiveron a última nun balón parado que puido darlle a vitoria pero que finalmente se quedaría en nada, polo que o empate non se movería do marcador.

CF Dumbría 3 – 1 Cordeiro CF

11 inicial do Dumbría ante o Cordeiro

CF Dumbría: Anxo, Gusa, Mataso, Pablo, Matías, Xacobe, Codesal, Rivi, Yuyo (David m.83), Cespón, Xavi (Marcote m.46)(Charly m.87).

Goles: 0-1 m.29: Manu; 1-1 m.55: Marcote; 2-1 m.81: Rivi (p); 3-1 m.90: Salva en propia porta.

Expulsión: O dumbriés Cespón no minuto 57.

Partido pouco vistoso na primeira parte debido ao forte vento presente no Conco, ao que se sumou unha boa presión do Cordeiro sobre a saída de balón dun Dumbría que non tivo unha boa circulación e que cometeu moitos erros nos pases.

Os visitantes non expoñían moito no seu campo, pero no do Dumbría estaban moito mellor e adiantaríanse a saída dun córner que materializaría Manu para poñer o 0-1 co que se chegaría ao tempo de lecer.

Na reanudación, o Dumbría co vento a favor, estivo mellor e Marcote poñería as táboas de novo no marcador no minuto 55. Pero dous minutos despois, recibirían un duro revés coa expulsión de Cespón.

Isto non fixo que os homes de Pablo Conde se viñesen abaixo e estarían mellor con balón, e a falta de nove minutos para que se cumprise o tempo regulamentario, Rivi transformaría unha pena máxima para poñer por diante a un Dumbría que mataría o encontro definitivamente cun gol en propia porta de Salva nun mal entendemento co seu gardameta.

CD Baio 0 – 2 Soneira SD

CD Baio 0-2 Soneira SD

CD Baio: Diego Mallo, Norberto (Sergio m.56), MC, Bieito, Manu Santiso, Porti, Rubio (Braian m..78), Peke, Javi Suárez (Mohedano m.74), Yago e Martín Gemelo.

Soneira SD: Javi Souto, Mayor, Richi, Basti (Diego Lois m.66), Vía (Sergio m.83), Brais, Taibo (Darío m.89), Pichi (De La Sierra m.75), Pladur, Agra e Leilán.

Goles: 0-1 m.52: Richi; 0-2 m.90: Sergio.

O Soneira tratou de levar a iniciativa dende o pitido inicial e lograría xerar perigo sobre a portería baiesa pero Richi non acertaría e Pichi vería como Diego Mallo lle gañaba a partida nun lanzamento de penalti.

Pola súa banda, o Baio estivo a piques de adiantarse cun lanzamento de falta que se estrelaría no longueiro.

Na reanudación, Richi si que lograría ver portería tras un bo servizo de Basti e pouco despois puido aumentar a vantaxe pero Diego gañaríalle a partida no man a man. Tras isto, sería Pichi o que volvería á carga e faríao por partida dobre pero o marcador non se movería ata o engadido, momento no que Sergio fixo o definitivo 0-2.

Mazaricos CF 1 – 0 CD Unión

Mazaricos CF: Dani Varela,Borja, Amoedo, Mario, Ricardo, Piki (José m.90), Pereiro, Yago Dosil (Joseph m.75), Pose, Stefan (Carreira m.90) e Raúl.

Mazaricos-Union 11 inicial

Gol: 1-0 m.50: Stefan.

As baixas condicionaron a un Mazaricos que viu como o Unión dominaba o xogo durante o primeiro tempo do partido, pero a pesares disto, a única ocasión deste periodo chegaría nunha acción dos locais, que Mario remataría arriba.

Nada máis volver dos vestiarios, Stefan poñía por diante a uns amarelos moito mellor plantados que tras este gol que acabaría resultando determinante.

O Unión intentaríao pero o gran traballo defensivo dos homes de Chicho faría que os tres puntos non se lle escapasen.

Comentarios