Venres. 29.03.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Dumbría asalta o liderato

O Dumbria e o novo lider da  Galicia
O Dumbría asaltou o campo do Lameiro e xa é líder da 1ª Galicia
1ª Galicia: O Dumbría asalta o liderato

0-1 e de penalti. Pero 3 puntos que valen ouro para que o Dumbría adiante ao poderoso Pino, o equipo máis ambicioso da categoría. O equipo de Pablo Conde seguen a súa escalada, e con esta, a cuarta vitoria consecutiva, colócanse de líderes empatados co propio Pino.

Polo demais, volvía vencer o Soneira, tras derrotas consecutivas, e os de Pedro volven colocarse 3º, coas opcións intactas, a 4 puntos do liderato.

Mal xornada para o Volantes, que seguen en postos de descenso; e para o Baio, que segue empeñado en meterse en problemas. Mentres, o Mazaricos sumou un bo punto ante o 4º, quedando tamén moi pendente dos posibles arrastres.

 

Tordoia - Volantes (3-1)

  • Volantes: Bugy, Godo, Rachón, Amoedo, Chua, Kevin, Óliver, Ángel, Jano, Thiago e Berto. Tamén: Tiko, Abel, Caju e Parde.
  • Goles: 1-0, m.19; 1-1, m.21: Jano; 2-1, m.28; 3-1, m.40.

Volantes en Tordoia
Foto: Adriana

Con moi pouco fíxolle o Tordoia 3 goles a un Volantes moi agazapado que abusou demasiado dos balóns buscando a Thiago e Berto, nun choque con chuvia e aire. Aos 20 minutos os locais adiantábanse tras aproveitar un rexeite de Bugy. Pero na seguinte xogada empataría Jano cun golazo pola escuadra dende o pico da área.
Pouco lle duraría a alegría aos laranxas, pois nun córner en contra, sacan en corto e marcan de tiro cruzado, e preto do descanso, despois de que Thiago tivese o empate nos seus pés, aproveitan un gol en propia meta de Bugy para irse con 3-1 ao desacanso.

Na segunda tocaba remar. O equipo de Sil subíu liñas, presionaba ben, pero non chegaba con claridade, dominando pero non puideron poñer en risco a vitoria do equipo local, dirixido polo oleiro Dani Calvete.

 Xogadores do Volantes celebrando o tanto de Kevin
Xogadores do Volantes celebrando o tanto de Jano. Foto: Adriana

O Pino - Dumbría (0-1)

  • Dumbría: Anxo, David, Kanario, Fandiño, Xacobe, Code, Darío, Diego Cespón, Mataso, Marcote e Yuyo. Tamén: Mario, Gusa, Iago.
  • Gol: 0-1, m.67: Marcote de penalti.

Diego Cespon co capi do Pino e o trio arbitral
Diego Cespon co capi do Pino e o trio arbitral

Partido serio do Dumbría nun duelo de altura. Os de Conde fixeron unha boa primeira metade, anulando bastante ben xogo do equipo local, e puidendo ter o balón en diferentes fases. Mesmo Marcote e Darío tiveron dúas boas ocasións para poñerse por diante, pero o porteiro local respondeu con sendos paradóns.

Na segunda parte, o Pino puido facer un pouco máis ese fútbol directo que intenta e evidentemente, con 2 dos 3 máximos goleadores da categoría, arriba sempre son unha gran ameaza. Un paradón de Anxo ao pouco de iniciar a primeira parte sostivo a un equipo dumbriés que seguíu xogando ao seu, e tras unha boa xogada colectiva, un David coas mans do central do Pino. Penalti e gol de Marcote. Quedaba moito partido e os locais víronse que ir arriba, pero os dumbrieses o suficientemente sólidos para non encaixar. Nunha contra casi sentencian os costeiros, pero ata o final tocou que sufrir, sobre todo polo marcador, máis que polas ocasións concedidas.

 

Soneira - Riveira (4-1)

  • Soneira: Javi Souto, Brais Mouzo, David Agra, Leilán, Pichi, Diego Lois, De la Sierra, Richi, Sandelo, Mayor, Javi. Tamén: Darío, Vía Rápida, Álex Taibo e Alemán.
  • Goles: 1-0, m.36: Javi a pase de Richi; 2-0, m.40: Pichi a pase de Richi; 2-1, m.41; 3-1, m.55: Javi a pase de Richi; 4-1, m.80: Pichi a pase de Richi.

Bo partido do cadro de Pedro Gómez que puido acabar cunha goleada de escándalo de estar máis finos de cara porta. A primeira ocasión sería para o Riveira pero Javi faría un boa parada sacando unha providencial perna abaixo. A partir de aí o Soneira enchufaríase e empezaba a crear moito perigo e Pichi e Richi terían dúas claras ocasións. E chegaría o recital de Richi autor das 4 asistencias do encontro. Nunha boa xogada trenzada polos soneiráns Richi chega á liña de fondo e pon un centro raso que Javi empuxaría o gol. Moi parecido foi o segundo gol coutra boa internada de Richi para cederlle a Pichi que define con calidade picándolla ao meta visitante. O Riveira acurtaría distancias cunha boa xogada antes do descanso.

Na segunda parte o Riveira intentaría crear perigo con tiros dende fóra da área pero sen crear perigo en exceso. O Soneira atoparía moitos espacios ás costas da defensa, e noutra boa xogada, Richi volve gañar liña de fondo e saca outro bo centro para que Javi remache a gol. Xa no último treito, repítese o guióin: Richi cede para Pichi, e este de media tixeira fai o definitivo 4-1. Richi toparíase coa cruceta tras unha boa vaselina e Vía tamén tería unha inmellorable ocasión de gol na área pequena pero a defensa sacaría na liña de gol.

 Foto da celebración do cuarto gol co actual presidente mostrando a unión do Soneira
Foto da celebración do cuarto gol co actual presidente mostrando a unión da familia soneirá

Lalín - Mazaricos (1-1)

  • Mazaricos: Dani Fedello; Mario, Cutu, Pose, Maroñas (Ricardo); Borja, Adrián (José Ángel), Fano; Barbeira (Yago Dosil), Viturro, Kevin.
  • Goles: 1-0, m.35; 1-1, m.85: Kevin.

Salvou un punto importante e esperanzador o Mazaricos de Chicho nun campo tan difícil como o Manuel Anxo Cortizo. O cadro amarelo saíu ben armado atrás, esta vez si moi intenso defensivamente. O Lalín doulle moita amplitude e tiveron os amarelos que traballar en defensa, sacando boas contras con Viturro como referencia arriba, que sempre daba pé a saír da cova aguantando moi ben o balón. Nun erro defensivo despois dun rexeite, nun despiste de Mario e Pose, abría o marcador o cadro local. Aí apareceu a figura de un Dani Fedello, inmenso que mantivo ao Mazaricos no partido con dúas intervencións de moitisimo mérito antes do descanso.

Igualaríase o partido na segunda, cun Lalín que cedía algo máis o balón. O Mazaricos ía dando pasos para arriba, sen correr excesivos riscos, e soubo esperar o seu momento. Chegou a só 5 do final, cando nun gañado por Viturro cede atrás e Kevin trasforma. O Lalín envorcouse de novo pola vitoria pero o Mazaricos tirou de oficio para aguantar o valioso empate e saír da dinámica negativa na que se meteran nas últimas xornadas, sendo aínda 5 os partidos sen coñecer a vitoria.

 

Unión - Baio (4-1)

  • Baio Diego Mallo, Rubio, Álex Varela, Peke, Braian, Norberto, Bieito, Javi Suárez, Mario, Manu Santiso e MC. Tamén xogaron: Julián, Guau, Sergio e Porty.
  • Goles: 1-0, m.68; 1-1, m.72: Manu Santiso; 2-1, m.78; 3-1, m.81; 4-1, m.85.

CD Baio en Rianxo

Partido marcado polas malas condicións meteorolóxicas, cun campo bastante anegado e moito vento. Primeira parte igualada na que os de Pablo Torreira se puideron adiantar no marcador. Un remate nun córner que saca un defensa baixo paus, un tiro axustado de Javi Suárez e un remate de MC no segundo pau foron as mellores ocasións dos baieses na primeira. Mentres, en defensa estaban seguros e só cun tiro dende o medio campo case sorprenden a Diego.

Na segunda parte cando mellor estaban os visitantes, e tras duas ocasións en duas xogadas de Porti por banda, chegaba o gol local. Reaccionou pronto o Baio e empatou de contado por medio de Santiso. Pero en tres contras, en apenas 7 minutos, marcaron 3 goles e sentenciaron o partido, endosando unha inxusta derrota aos baieses.

 

Todas as crónicas de 1ª Galicia.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios