Sábado. 27.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Todos suman, salvo o Baio

A Esteirana celebra a súa vitoria ante o Piloño.
A Esteirana celebra a súa vitoria ante o Piloño.
1ª Galicia: Todos suman, salvo o Baio

Excepto o Baio que caeu goleado ante o Flavia, o resto de equipos sumaron puntos moi importantes para os seus intereses xa que o Soneira e a Esteirana lograron sendas importantísimas vitorias de cara a permanencia ante Piloño e Esclavitud.

No partidazo da xornada, Sigüeiro e Fisterra empataron sen goles nun encontro con varias accións para a polémica que puideron cambiar o devir do mesmo.

Quen tamén sumaría, sería un Dumbría que firmou táboas cun Tordoia que ao igual que os dumbrieses están na procura de certificar a permanencia.

SD Piloño 0 – 2 SD Esteirana

SD Piloño: Dumbo, Otero, Imanol, Dani Méndez, Juan, Moncho (Guille m.57), Zequi (Pablo m.67), Marc, Matías (Maceiro m.67), Manu García (Romero m.53), Alberto (Javi López m.46).

SD Esteirana: MJ, Simón, Álex Rama (Jorge m.87), Adrián, Róber Pladur, Josiño Barreiro (Manu de Yi m.82), Elías (Xián m.89), David, Pachi, Tobío e Raúl.

Goles: 0-1 m.54: Josiño Barreiro; 0-2 m.77: Álex Rama.

A Esteirana dominou o partido ante o Piloño de principio a fin e dende o minuto 1, os homes de Geno tiveron ocasións para reflexar ese dominio no marcador, pero chegaríase ao tempo de lecer co empate sen goles.

Nada máis voltar dos vestiarios, Josiño Barreiro adiantaba aos de Esteiro logo dunha acción individual. E Álex Rama xa no tramo final, materializaba a vitoria ao facer o 0-2 no minuto 77.

Un triunfo tan necesario como moralizante para afrontar unha recta final de liga que se presume moi intensa.

Sigüeiro CF 0 – 0 SD Fisterra

Sigüeiro FC - SD Fisterra

SD Fisterra: Iván Bouzón, Breixo (Fabián m.90), Aarón, Makaay, Roa (Bruno m.71), Jesús (Dani Martínez m.62), Cote, Dani Rubia (Roco m.25), Andrés, Capelo (Adrián m.46) e Julio.

Partido impresionante o vivido en Sigüeiro nunha tarde pasada por auga na que o estado do campo ía dificultar a práctica do fútbol.

E así foi, na primeira metade, apenas deixou de chover e iso complicaría o xogo de ambos conxuntos na que sería unha parte moi igualada sen apenas ocasións. A máis clara sería para os locais, cun lanzamento de Astray que tocaría no longueiro.

Un xogo moi directo dos dous equipos levaría o partido ao descanso co empate inicial e coas lesións de Dani Rubia e Astray, que xogarían 25 e 35 minutos, respectivamente.

Na reanudación, a dinámica seguiría sendo a mesma que a da primeira metade, aínda que habería máis ocasións para ambos bandos, pero as máis claras sería para un Fisterra que tivo nos pés de Bruno o 0-1, pero enredaríase co balón e a acción quedaría en nada.

Os minutos finais serían unha auténtica loucura na que calquera dos dous conxuntos se puido levarse os tres puntos xa que ao Sigüeiro anularíanlle un gol dubidoso e ao Fisterra non lle sinalarían, no minuto 90, un penalti clamoroso no que Breixo recibiu unha patada de Caneda que fixo que o fisterrán tivese que retirarse lesionado do terreo de xogo, polo que o partido remataría cun empate que se pode considerar xusto.

CD Baio 0 – 5 Flavia SD

Baio-Flavia

CD Baio: Dani Varela, Álex Figueiras, Norberto, MC, Bieito (Moreno m.68), Iván Rojo (Isaac m.55), Rubio (Porti m.55), Peke, Damián, Santi Díaz (Sergio m.64) e Yago.

Goles: 0-1 m.27: David Pérez; 0-2 m.37: Checho; 0-3 m.41: Uxío; 0-4 m.72: Uxío; 0-5 m.73: Damián.

O Baio sufriu un duro castigo ante un Flavia que foi o mellor equipo que pasou polo Platas Reinoso esta tempada, pero que viu como os branquiazuis dominaron case a primeira media hora dun encontro que cambiaría no tramo final desta primeira parte xa que os padroneses lograrían facer tres goles para que o partido chegase ao tempo de lecer co 0-3.

Na segunda metade, o Baio tratou de facer un gol que o metese no encontro pero dúas contras materializadas por Uxío e Damián, que subiría o definitivo 0-5 ao electrónico.

CF Dumbría 1 – 1 SD Tordoia

CF Dumbría: Iván Baña, Canario, David Carreira (Marcos Mouro m.65), Matías, Iago (Alberto m.70), Marcote (Charly m.80), Cespón, Darío, Xacobe (Rivi m.57), Yuyo e David.

11 inicial CF Dumbría ante a SD Tordoia

Goles: 0-1 m.9: Denis; 1-1 m.65: Yuyo.

Partido de gran igualdade nos momentos iniciais, aínda que o Tordoia se adiantaría logo de que Denis rematase ao fondo da rede unha acción entre Felipe e Dani.

Tras isto, o Dumbría faríase co control do balón ante un Tordoia que se mostrou moi seguro en defensa e que non concedería ningunha acción de perigo ao rival.

Na reanudación, varias lesións dos visitantes fixeron que o seu potencial ofensivo fose a menos.

Pola súa banda, os dumbrieses facían correr moito aos de Dani Calvete, quenes non se daban facilidades e trataban de saír con velocidade.

Mediada esta segunda parte, Yuyo aproveitaría un erro do gardameta visitante para facer o 1-1 que acabaría resultando definitivo.

De aquí ao final, presenza de ambos equipos nas áreas pero non habería máis goles e o encontro acabaría cun empate que facía xustiza ao visto sobre o terreo de xogo.

Esclavitud SD 0 – 1 Soneira SD

Esclavitud SD 0-1 Soneira SD

Soneira SD: Javi Souto, Darío, De La Sierra (Agra m.80), Aarón, Mayor, Basti (Taibo m.62), Alemán, Brais, Pichi (Fran m.91), Luis (Chapela m.74).

Gol: 0-1 m.44: Luis.

Expulsión: O visitante Sandelo no minuto 57.

O Soneira afrontaba un partido a cara de can no que se xogaba moito e consciente diso, sairía moi enchufador pero serían os locais quenes darían o primeiro aviso.

Tras isto, os irmandiós faríanse co control e Luis, Basti e Mayor terían boas ocasións para adiantar aos seus pero non sería ata o minuto 44, cando Luis sorprendería ao gardameta local cun potente disparo para facer o 0-1 que acabaría resultando definitivo.

Na reanudación, as cousas poñeríanselle costa arriba ao Soneira coa expulsión de Sandelo e o Esclavitud tería unha boa oportunidade nun man a man que o seu dianteiro remataría fóra cando xa se cantaba o gol.

E despois desta ocasión, Javi Souto cometaría un penalti que el mesmo desbarataría cunha gran intervención de mérito.

Nos minutos finais, o Soneira puido sentenciar pero o disparo de Pichi marcharíase fóra por pouco, mentres que o Esclavitud puido empatar cun remate de Flori que sairía moi por riba da portería visitante, polo que os vimianceses sumarían unha importantísima vitoria.

Comentarios