Venres. 26.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Corme, Ponteceso e San Lorenzo quedan sós á fronte da clasificación

UD Cerqueda - Corme CF 2
Dani e Brais loitan por un balón no UD Cerqueda - Corme CF. Foto: UD Cerqueda
2ª Galicia: Corme, Ponteceso e San Lorenzo quedan sós á fronte da clasificación

O Corme, o Ponteceso e o San Lorenzo son os únicos equipos que contan os dous partidos desta Liga da Costa 19-20 como vitorias e iso fan que se queden sós á fronte da táboa clasificatoria, logo de derrotar ao Cerqueda, ao Muros e ao Sporting Zas respectivamente.

Pola súa banda, Cee, Coristanco e Baíñas sumaron o seu primeiro triunfo da tempada logo de superar pola mínima a Buño, Cabana e Castriz.

Mentres que a Esteirana fixo merecementos para lograr a vitoria pero o Lira aguantou o envite e foi quen de sacar un punto da súa visita ao Xosé Luis Vara.

SD Coristanco 3 – 2 Cabana SD

Coristanco-Cabana

SD Coristanco: Rubén, Mato, Pazos, Álex (Álvaro m.77) Samuel (Diego m.89), Jose, Castiñeiras (Dani Vázquez m.70), Erre, Corral (Villajos m.59), Mario e Sergio.

Cabana SD: Víctor, Pablo Senande (Álex m.78), Raúl, Duda (Rubén m.61), Ismael, Manolo (Nando m.61), Simón, Ferreiro, Aarón (Cristian m.66), Cacha, José (Dani Pose m.53).

Goles: 0-1 m.1: Cacha; 1-1 m.8: Corral; 1-2 m.15: Duda; 2-2 m.33: Samuel; 3-2 m.44: Mario.

Expulsión: O cabanés Ismael no minuto 52.

O encontro comezaba cun temperán golazo de Cacha que poñía por diante ao Cabana nada máis comezar, pero pouco lle duraría a alegría aos visitantes xa que tan só sete minutos despois, Corral aproveitaba un pase ás costas da liña defensiva para empatar o encontro.

A tolemia era total cando Duda poñía por diante de novo aos de José Manuel Vázquez, logo de aproveitar un rexeite do gardameta local e logo, cando aos 33 minutos aparecería Samuel para facer o 2-2.

Ao fío do descanso, cando todo facía parecer que ambos conxuntos poñerían rumbo aos vestiarios coas táboas no marcador, Mario faría o terceiro para os coristanqueses logo dun centro lateral.

Nada máis comezar o segundo tempo, os visitantes quedarían cun home menos despois de que Ismael vise o cartón vermello pero a pesares disto, os cabaneses seguiríano intentando pero as oportunidades non chegaban.

No treito final, o Coristanco puido sentenciar o partido en tres contragolpes que non lograron materializar, mentres que o Cabana tivo o empate pero unha gran intervención de Rubén evitaría o gol da igualada, polo que os tres puntos se quedarían na Rocheira.

Sporting Zas 0 – 1 SD San Lorenzo

Sporting Zas: Puyol, Atu, Bruno, Eloy, Iván (Manu Guillamet m.47), Miguel, Kevin (Anibal m.60), Manu Fuentes, Balsa (Marcos m.46), Andi (Brais m.73), Andrés (Darío m.63).

SD San Lorenzo: David Pena, Raúl, Puñal (Yago m.53), Pablo Garrido, Styven (Fuentefría m.51), Ures (Eloy m.88), Brais (Alexis m.86), Álex Fernández, Brais (Diego m.56), Padín e Pablo Díaz.

Gol: 0-1 m.24: Styven.

O partido comezaría cunha boa dobre oportunidade para o Sporting Zas pero o pau evitaría o gol de Manu e no rexeite, Atu acabaría rematando arriba.

Pouco despois, os zasenses protestarían moito unha decisión arbitral que anulou un gol de Eloy por un dubidoso fóra de xogo.

E tras estas dúas intentonas dos locais, Styven adiantaría ao San Lorenzo cun gol de falta, mediada esta primeira metade.

Antes do descanso, Eloy desaproveitaría un man a man, polo que se chegaría ao tempo de lecer cunha mínima vantaxe dos verdilleses.

Tralo paso por vestiarios, o San Lorenzo soubo sufrir ante un Sporting Zas que o metería en campo propio. Aínda así, os visitantes puideron matar o encontro en varias contras nas que Puyol acabaría evitando o gol da sentenza pero a pesares de que o marcador non se movería, os de Santi Cambón levaríanse os tres puntos de San Andrés.

UD Cerqueda 2 – 4 Corme CF

UD Cerqueda - Corme CF 1

UD Cerqueda: Darío, Estefan, Javi Souto (Marcos Pensado m.80), Javi Pazos, Dani Mato, Iván Mato, Iván Rojo, David Del Río (Breogán m.70), Dani (Lorenzo m.65), Diego, Eloy (Julián m.80).

Corme CF: Illote, Javi Peón, Brais Andrade, Alejandro, Pandi (Lucas m.46), Brais, Doldán, Javi Bermúdez (Sueiro m.55), Alejo (Samu m.79), Toniño (Brais Torrado m.83) e Manu Bermúdez.

Goles: 1-0 m.18: Iván Mato; 1-1 m.20: Brais; 2-1 m.23: Iván Mato; 2-2 m.44: Alejo; 2-3 m.64: Alejo; 2-4 m.93: Samu.

Expulsión: O local Dani Mato no minuto 67.

O Corme comezou tratando de levar a iniciativa pero as ocasións faríanse de rogar, tanto como ata o 1-0, obra de Iván Mato logo dunha boa xogada individual.

Case sen tempo para celebrar, o Cerqueda vería como os visitantes lle empataban o encontro cun libre directo transformado por Brais Corral. Pero esta loucura non remataría aquí e tres minutos despois, Iván Mato volvería a poñer por diante aos seus.

Tras isto, o Corme seguiría levando a iniciativa pero a intensidade do Cerqueda non lle permitía crear perigo aos de Lelo, aínda que estes no minuto 44 acabarían empatando cun gol de Alejo.

Na reanudación, máis do mesmo e aparecería a conexión Lucas-Alejo para facer que este último fixese o 2-3, que poñía as cousas favorables para os cormeláns. E tan só tres minutos despois, torcíanse o partido para un Cerqueda que quedaría con 10 pola expulsión de Dani Mato.

O Cerqueda non deixaría de intentalo, pero Illote evitaría o gol da igualada nun lanzamento de falta e xa no tempo de engadido, Samuel faría o definitivo 2-4.

UD Cerqueda - Corme CF

SD Castriz 0 – 1 CD Baíñas

SD Castriz: Álvaro (Fran m.57), Carlos, Adrián, Espi, Iván Rey, Sebas, Anxo (Rubén m.61), Iván Pastoriza (Cambón m.76), Iván Castro, Álex, Brais (Chiki m.22)(Rompe m.70).

CD Baíñas: Paulo, Eloy, Luis, Dieguito (Rodri m.86), Cristian Canosa, Esteban Canosa, Ramón, Felipe (Abel m.62), Cristian, Toño (Santi Díaz m.70), Baba (Samuel m.86).

Gol: 0-1 m.68: Toño.

Encontro moi intenso e con ambos equipos “abusando” por momentos do balón en longo e as ocasións tardarían en chegar para ambos bandos.

Debido ao xogo que buscaban uns e outros, o partido foi moi trabado, con moitas desputas e algunha que outra interrupción que non permitía que houbese continuidade, o que vén sendo un encontro típico de 0-0.

Na reanudación, ambos quixeron o partido e mediada esta segunda parte, chegaría a acción polémica na que unha falta colgada por Toño acabaría no fondo da rede, un gol que o colexiado tardou en dar, xa que todo facía parecer que sinalara falta sobre o porteiro pero finalmente o 0-1 acabaría subindo ao marcador para sorpresa de todos os presentes en San Pedro.

A raíz deste gol, o Castriz quedaría un tanto grogui e o Baíñas estivo a piques de matar o encontro pero o longueiro evitaríao e mantería con vida no partido aos rossoneros, pero non lograrían sacar nada positivo e a vitoria sería para os vimianceses.

Muxía CF – SCD Malpica (Suspendido pola festa da Virxe da Barca)

UC Cee 1 – 0 Buño SCD

UC Cee-Buno SCD

UC Cee: Carlos, Martín, Iago Trillo, Aitor, Cote, Ezequiel, Patera, Chema, Leo, Iago Muíño (Bruno m.60)(Josiño m.88), Pikero (Leandro m.75).

Buño SCD: Brais, Fabián, Pablo, David, Simón, Agustín, Fran, Álex (Miguel m.62), Petís, Martín Castro, Jorge Pichel (Brandón m.82).

11 inicial do Buño en Cee

Gol: 1-0 m.73: Cote.

O Cee dominou de principio a fin ante o Buño un partido que estivo condicionado polo calor presente no Sampaio dos Refoxos.

Mentres os locais intentaban chegar á área rival combinando, os oleiros intentábano á contra, pero as ocasións sería para un conxunto ceense que vería como Brais con dúas grandes intervencións, evitaba que Leo vise portería.

Na reanudación, o Cee seguiría ao seu pero Leo, Chema e Ezequiel non lograrían materializar as súas oportunidades.

E mediada esta segunda metade, Cote adiantaba aos seus cun testarazo.

No tramo final do encontro, o Buño tivo o empate pero Chema salvaría cando Carlos xa estaba batido, polo que os tres puntos quedaríanse na vila da Xunqueira.

Ponteceso SD 4 – 1 CD Muros

Ponteceso - Muros

Ponteceso SD: Brais (Rubén m.80), Isaac, Juanjo, Recarey (José m.80), Xuko, Mendieta, Ismail, Charro (Adrián m.75), Mara, Luca, Eloy (Abel m.57).

CD Muros: Xandre, Iván Cerilla, Juanchy, Pelos, Dani Fernández (Dani Romero m.45), Xaco (Ramón Noceda m.75), Miguel Gesto (Ramón m.62), Varo (Miguel Riomao m.72), Xavi, Saúl (Bruno m.62) e Juanfran.

Goles: 1-0 m.4: Xuko; 1-1 m.9: Pelos; 2-1 m.13: Isaac; 3-1 m.55: Xuko; 4-1 m.71: Mara.

Partido dominado de principio a fin por un Ponteceso que se adiantaba aos catro minutos de xogo cun gol de falta de Xuko que despistaba a Xandre tras tocar nun rival. Pouco lle duraría a alegría aos pontecesáns xa que Pelos devolvería as táboas ao marcador cun testarazo.

Pronto reaccionaría un dominador Ponteceso que aos 13 minutos xa se volvería a poñer por diante no luminoso cun gol de Isaac, quen sería o encargado de facer o 2-1 co que se chegaría ao descanso.

Na segunda metade, máis do mesmo, moito dominio dos da vila de Pondal e constantes chegadas á área rival, pero tan só Xuko e Mara serían quenes de ver portería para poñer no marcador o definitivo 4-1.

SD Esteirana 1 – 1 Lira CF

SD Esteirana: Mj, Adrián Maroñas, Samu, Dani Maroñas, Dani Corniños, Álex Rama, Adrián (Juan m.78), Elías, Codesido, Pachi (Carajillo m.61), Rodrigo (Kevin m.52).

Lira CF: Baitir, Óscar, Eloy (Cristian Caamaño m.72), Porto (Yerai m.70), Maikel, Óliver, Mamadou (Borja m.61), David, Miguel, Toni e Raúl.

Goles: 0-1 m.67: Porto; 1-1 m.70: Elías (p).

A igualdade foi máxima na primeira metade, pero serían os locais quenes contaron coas mellores ocasións como nun disparo de Elías que Baitir, cunha gran intervención e coa axuda do longueiro, mandaría a saque de esquina.

No que respecta aos visitantes, intentaríano por medio de Toni pero sen demasiada fortuna.

No segundo tempo, a Esteirana foi o claro dominador pero sería o Lira quen se poñería por diante grazas a un gol de Porto. Pero case sen tempo para celebrar, Elías empataba de novo cunha pena máxima.

Tras isto, os de Geno tiveron dúas boas oportunidades para levarse a vitoria pero nin Elías nin Adrián Maroñas lograrían materializalas polo que o Lira se levaría un punto da visita a unha Esteirana que marchou coa impresión de que mereceu os tres puntos.

Comentarios