Sábado. 27.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Volantes de Baño achégase á fase de ascenso e depende de si mesmo

UD Cerqueda-SD Ameixenda
UD Cerqueda-SD Ameixenda
2ª Galicia: O Volantes de Baño achégase á fase de ascenso e depende de si mesmo

O campión, o Mazaricos, caeu pola mínima na súa visita a un Ponteceso que quere rematar a liga da mellor maneira posible e que se garantiu a cuarta praza da clasificación, pase o que pase na última xornada.

Pola súa banda, o Volantes de Baño logrou unha importantísima vitoria ante un mermado Baíñas que lle permite asaltar a segunda posición e depender de si mesmo para xogar a fase de ascenso despois de que o Corme caese pola mínima no Cairo ante o Malpica.

Mentres tanto, o Muxía tamén caía na casa ante un efectivo San Lorenzo e o Cerqueda lograba unha ampla vitoria ante o Ameixenda.

Nos enfrontamentos directos da zona quente da clasificación, o Muros, o Buño e o Lira lograban sendas vitorias importantísimas ante o Sporting Zas, o Cee e o Monte Louro, respectivamente coas que, salvo catástrofe de última hora, garante a súa permanencia na Liga da Costa unha tempada máis.

Lira CF 4 – 2 UD Monte Louro

Lira-Monte Louro

Lira CF: Baitir, Óscar, Cristian Formoso (Deme m.68), Rodrigo, Óliver, Cristian Caamaño, Borja Bouzón (Mamadou m.57), Raúl (Cartamil m.70), Toni, Edu e Borja Santos.

UD Monte Louro: Isma, Pablo, Abel (Pedro m.57), Dani Corniños, Borja (David m.46), Adrián, Raúl, Dani de Sahorta, Ivi, Juan de Celia (Sambade m.57) e Pesko.

Goles: 0-1 m.6: Pesko; 1-1 m.15: Dani Corniños; 2-1 m.40: Toni; 3-1 m.62: Cristian Formoso (p); 3-2 m.70: Pesko; 4-2 m.83: Cristian Caamaño.

O encontro comezaba moi ben para un Monte Louro que xa nos primeiros minutos podería ver portería en varias ocasións, pero só Pesko sería quen de superar a un Baitir que foi clave para os seus.

A raíz deste gol temperán dos loureáns, os lirachos foron mellorando co paso dos minutos, aínda que atoparían o tanto da igualada nunha desafortunada acción para os visitantes.

Antes do descanso, Toni poñería por diante aos seus cun gran gol.

Na reanudación, os de Óscar Leis volcaríanse no ataque pero as mellores ocasións serían para un Lira que poñería terra de por medio cun gol de Cristian Formoso dende o punto fatídico.

Pesko volvería a ver portería para meter aos loureáns de novo no encontro pero Cristian Caamaño cortaba calquera intento de reacción e certificaba unha vitoria practicamente definitiva para a permanencia dos seus, mentres que o Monte Louro vía como se cumpría o seu descenso a Terceira Galicia.

UD Cerqueda 3 – 0 SD Ameixenda

UD Cerqueda - SD Ameixenda

UD Cerqueda: Diego Dourado, Bastón (Atu m.46), Marcos Pensado, Javi Pazos, Gonzalo (Manu Guillamet m.60), Cholo, Ceide, Julián (Lorenzo m.46), Dani, Molinos (Dieguit m.46), David Dourado (Méndez m.46).

SD Ameixenda: Rubén, Kamacho, Álex Trillo, Juanfran, Cristian, Dany Añón (Bicho m.61), Mataso, Chucho, Joaquín, Po e Javichu.

Goles: 1-0 m.53: Ceide; 2-0 m.63: Méndez; 3-0 m.65: Dieguito.

O resultado final non reflicte para nada o acontecido nun partido que estivo marcado pola igualdade total que houbo nunha primeira mitade na que o Cerqueda buscou balóns en longo, mentras que o Ameixenda trataba de elaborar un pouco o xogo máis. Tan só salientar unha oportunidade clara por cada equipo que se quedarían en nada.

No segundo tempo, o Ameixenda comezou dominando ata que no minuto 53, Ceide marcaba dende fora da área axudado por un pequeno despiste do porteiro do Ameixenda.

E tan só tres minutos despois Diego Dourado evitou o empate cunha parada excepcional cando o gol xa parecía inevitable. Nembargantes, seguía xogando ben o Ameixenda, pero como as desgrazas nunca veñen soas, no minuto 63, nunha cesión dun defensa, Rubén intenta regatear a Méndez, pero erra no intento quedándolle o balón nos pés ao dianteiro local que tan só ten que empurrar a porta baleira, o que significaba demasiado castigo para os ceenses, sobre todo cando tan só dous minutos despois, Dieguito aproveitaba un erro en cadea da defensa para facer o definitivo 3-0 no luminoso.

Por se fose pouco, o Ameixenda tería que xogar con dez homes durante os últimos vinte minutos pola lesión de Chucho.

CD Muros 1 – 0 Sporting Zas

Muros-Sporting Zas

CD Muros: Xandre, Varo (Álex Siaba m.80), Juanchy, Cerilla, Dani, Ramón, Juan (Eloy m.90), Saúl (Xaco m.46), Xavi, Yanky (Berni m.80) e Adán.

Sporting Zas: Vázquez, Tefy (Carra m.46), Manu, Josito, Rubio, Santi, Brais, Adrián (Pablo m.63), Miguel, Fabi (Rubén m.84), Juan.

Sporting Zas apoiando a Dani Mato

Gol: 1-0 m.36: Yanky.

Expulsión: Expulsou a Juanchy no minuto 38.

Primeira metade sen ocasións de perigo ata o momento no que o killer local, Yanky, lograría adiantar aos homes de Bibi logo de aproveitar un erro do gardameta zasense no minuto 36. Polo que se chegaría ao tempo de lecer co 1-0 no electrónico.

No segundo acto, os visitantes pecharían ao Muros no seu campo, pero o gol non chegaría e os tres puntos quedaríanse nun Eleuterio Balayo que celebrou a permanencia do seu equipo na Liga da Costa.

Ponteceso SD 1 – 0 Mazaricos CF

Ponteceso-Mazaricos

Ponteceso SD: Damián, Raúl, Dani Cotelo, Matías, Nando, Recarey, Iván (Charro m.79), Mendieta, Ismail, Luca, Eloy Álvarez (Iago m.59).

Mazaricos CF: Rubén Santos, Cutu, Borja, Carreira (Piki m.55), Mario, Ricardo (Raúl m.80), Barbeira (Amoedo m.69), Estéfano, Pereiro (Yago Dosil m.63), Pose, Martín (José m.76).

Gol: 1-0 m.44: Ismail.

O Ponteceso levou a iniciativa do balón en todo momento ante o Mazaricos nun partido con escasa tensión debido a que non había nada relevante en xogo.

A pesares disto, ambos equipos terían as súas ocasións para adiantarse no marcador pero nin os pontecesáns nin tampouco os mazaricáns foron quenes de materializalas.

Quen si vería portería, sería Ismail e faríao á saída dun saque de esquina ao fío do descanso, polo que os locais poñerían rumbo aos vestiarios cunha mínima vantaxe no marcador.

No segundo acto, máis do mesmo nun encontro que iría perdendo o pouco ritmo que tiña para chegar ao final co resultado coñecido de 1-0.

Corme CF 2 – 3 SCD Malpica

Corme-Malpica

Corme CF: Suso, Jesús, Pandi, Manu Bermúdez (Ángel m.80), Adrián Doldán, Alejo, Lucas, Alejandro, Javi Peón (Javi Bermúdez m.54), Fabián e Brais Torrado (Samu Costa m.65).

SCD Malpica: Lamas, Jorge (Brais Ceán m.54), Andy (Dimitri m.79), Villar, Laik (Fuentes m.48), Capelán, Aitor (David m.72), Roberto, Jairo (Marcos m.76), Gonzalo Vilariño e Mante.

Goles: 0-1 m.10: Aitor; 0-2 m.43: Aitor; 1-2 m.56: Alejo; 1-3 m.65: Aitor; 2-3 m.90: Samu Costa.

Expulsións: O segundo adestrador cormelán Moncho Bermúdez no minuto 44 e a Alejo no minuto 89.

Comezou o partido cun Malpica ben ordenado sobre o terreo de xogo tratando de sorprender a un Corme que vería como a efectividade dos visitantes de cara a gol, lle permitiría irse ao descanso cun claro 0-2 favorable.

Na reanudación, os locais deron un paso á fronte e Alejo recortaría diferenzas pero Aitor cortaría o intento de reacción dos locais co 1-3. E xa no minuto 90, Samu Costa recortaría distancias no marcador, pero a vitoria sería para os homes de Gurita.

Muxía CF 0 – 1 SD San Lorenzo

Muxía CF: Noé, Michael, Brais, Congui, Pereira, Toja, Víctor Alcaina, Manu Nogueira, Maikel, Isma Pose (Mario m.46) e Mauro.

SD San Lorenzo: Rubén, Juanjo (Pablo Díaz m.57), Luciano, Kuki, Jose, Fuentefría (Yago m.63), Mario (Alberto m.57), Álex Fernández, David Lorenzo (Pablo Garrido m.46), Brais, Ures (Diego m.46).

Gol: 0-1 m.86: Kuki.

Expulsión: O muxián Brais no minuto 88.

O Muxía tivo as mellores ocasións do partido para levarse a vitoria e contaría ata cun penalti que Víctor Alcaina non acertaría a transformar ante un San Lorenzo que tratou de defenderse con orde para saír á contra e crear perigo sobre a portería dos da vila da Barca, aínda que sen demasiada sorte.

Na reanudación, ambos equipos melloraron pero sería o San Lorenzo o que se levaría o gato á auga cun gol de Kuki á contra sobre a bocina.

CD Baíñas 1 – 4 Volantes de Baño FC

O Volantes de Baño celebrando a vitoria ante o Baíñas.

CD Baíñas: Jacobo, Rodri, Ramón, Cristian Canosa, Esteban Rodríguez, Pablo Muíño, Paulo, Samuel, Felipe, Oreiro e Toño.

Volantes de Baño FC: Marcos, Juan do Sivil, Thiago, Parde, Santi (Mou m.70), Godo (Dani m.73), Pesco, Berto, Rachón (Raúl m.80), Cacho, Álex Pri (Rapante m.82).

Goles: 0-1 m.13: Pesco; 0-2 m.53: Rachón; 0-3 m.63: Pesco; 1-3 m.78: Toño; 1-4 m.89: Thiago.

Encontro que xa comezou torcido para un Baíñas que arrincou con dez homes sobre o terreo de xogo e que así estivo durante varios minutos ata que Rodri ingresou no campo.

Tras isto, Pesco adiantaría ao Volantes de Baño ante un conxunto vimiancés que xogaría gran parte do partido cun xogador menos despois da lesión sufrida no seu xeonllo por Pablo Muíño.

A raíz disto, o dominio dos visitantes foi total e na reanudación, Rachón e Pesco poñerían terra de por medio, pero Toño recortaría diferenzas cun bonito gol.

E xa co encontro tocando ao seu fin, Thiago facía o cuarto para un Volantes de Baño que sumaría tres puntos que lle permite subir á segunda praza da clasificación.

UC Cee 0 – 1 Buño SCD

UC Cee: Maikel, Jorge, Pablo (Alfredo m.79), Aitor, Esteban, Carlos Leis, Brais Figueroa (Brais Rey m.60), Astray, Chema, Luis Lojo (Alberto m.79) e Rafa.

Buño SCD: Brais, Juan, Simón, David, Pablo, Jorge Calvete, Petís (Rubén m.70), Fran, Mara, Borja, Moha.

Gol: 0-1 m.53: Juan.

Partido espeso dun Cee que non soubo manter calma nos metros finais durante unha igualada primeira metade na que o Buño non pasou serios apuros e que se adiantaría nada máis voltar dos vestiarios cun gol de Juan que acabaría sendo definitivo.

Tras isto, os branquiazuis estiveron moi cómodos e incluso puideron aumentar a vantaxe pero non acertarían nas oportunidades que tiveron, aínda que a vitoria non perigraría en ningún momento, polo que os de Tito Pedreira garanten a súa permanencia unha tempada máis, todo o contrario dun Cee que xa non depende de si mesmo para conseguir a salvación e que está nunha situación similar a do ano pasado.

Comentarios