Sábado. 27.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Todo segue igual a falta de dúas xornadas

UD Montelouro-Castrelo-Foto-Edu Olveira
UD Montelouro-Castrelo-Foto-Edu Olveira
3ª Galicia: Todo segue igual a falta de dúas xornadas

Pouco cambiou a cousa nesta antepenúltima xornada da liga regular da 3ª. Camariñas e Outes volveron gañar e se manteñen empatados a puntos, co Camariñas por diante gracias ao golaveraxe individual. Quédalles un partido a cada un, pois tamén teñen que descansar os dous. Se vence o Outes a semana que vén ao Camelle, o Camariñas terá que vencer o Castrelo na última xornada para ser campión.

Deste xeito, a outra loita está pola 4ª praza da promoción. O Camelle non puido co líder, desaproveitando así a xornada de descanso do Seaia. O equipo malpicán ten un punto menos, pero un calendario algo máis factible, pois ten que visitar ao Castrelo e recibe ao Montelouro; mentres o Camelle recibe ao Outes e ten que ir a Laxe. Todo pode pasar aí.

 

Laxe - Nantón (1-1)

  • Laxe: Eloi, Bieito, Elías, Andrés, Óscar Toja, Jacinto, Borga, Elías G., Felipe, Gora, Carra. Tamén: Santi V., Jorge, Santi C., Dani e Zurich.
  • Nantón: Guille, Fran, Pasarela, Costa, Eloy, Martín, Pablo, Redondo, Josiño, Pastor e Maikel (David, m.46).
  • Goles: 0-1, m.25: Maikel; 1-1, m.85: Jorge.

Partido feo e dispputado o vivido no Cabo da Area, con moita chuvia e vento que condicionaron e desenvolvemento do mesmo. Comezaba sen un dominador claro, co Laxe a favor de vento pero protagonizando erros atrás que deixaban algunha chegada aos visitantes. Así se adiantaba o Nantón, que ademais vía o partido de cara cando á media hora o Laxe quedaba con 10 pola expulsión (protestada polos locais) de Gora. O Laxe intentábao por medio de Óscar Toja.

Na segunda estirouse o Laxe a pesar de estar cun home menos, facendo moito dano a balón parado e cun Óscar no posto de mandos. Os locais protestaban e protestaban cada decisión arbitral mentres pasaban os minutos, ata que a falta de 5 minutos, Jorge remataba unha xogada a balón parado para facer o definitivo empate.

 

Porteño - Ameixenda (5-1)

11 do Ameixenda de Julio Vila na Grixa
11 do Ameixenda de Julio Vila na Grixa

  • Porteño: José Manuel, Jose, Caamaño, Manu, Canosa, Marcos, Ángel, Vicente, Joseba, Cachi e Anxo. Tamén: Brais Blanco, Edgar, Campaña e Wii.
  • Ameixenda: Eze, Nico, Esteban, Ariel, Pbalo Trillo, Fer, Carro, Susiño, Sergio, Adrián Torices e Javichu.
  • Goles: 1-0, m.25: Marcos; 2-0, m.35: Cachi; 2-1, m.38: Ariel; 3-1, m.51: Cachi; 4-1, m.80: Campaña; 5-1, m.90: Edgar.

Mal estado do campo da Grixa no Porteno-Ameixenda

En moi mal estado estaba o campo da Grixa para o partido. Adaptouse moito mellor o cadro local que acertou en cada ocasión que tivo, ante un Ameixenda que segue con enormes problemas de efectivos e tivo que poñer ao xogador de campo Ezequiel baixo paus, e con 11 xustos. Os de Julio Vila aínda así pelexaron durante máis de 80 minutos, metido no partido. Adiantouse o cadro local, pero Ariel deixaba o partido aberto antes do descanso.

Comezaba a segunda gol terceiro do Porteño, pero o choque seguía igualado. A base de físico o cadro local logrou sentenciar nos últimos 10 minutos. Un Porteño que agradece o apoio da afección nesta temporada, unha das máis complicadas dos últimos anos.

 

Montelouro - Castrelo (3-1)

  • Montelouro: Joaquín, Pablo, Abel, Manolo Chouza, Juan, Yeray (Borja, m.45), Dani (Verán, m.45), Pesco, Rapante (David, m.46), Riki, Íker (Geiko, m.45).
  • Castrelo: Gus, Lado, Carballo, Luís, Quintelo, Miguel, Maikol, Rodri, Samuel, Darío e Adrián Pasantes. Tamén: Dani Picallo e Roi.
  • Goles: 1-0, m.9: Rapante; 2-0, m.37: Abel; 3-0, m.45: Riki, 3-1, m.63: Samuel.

UD Monte Louro-Castrelo-Foto-Edu Olveira
Foto: Edu Olveira

Partido de pouca tensión, que lle serviu a Porría a facer probaturas, ante un Castrelo que non tiña porteiro e tivo que colocar a Gus baixo paus. Case na primeira xogada, xa nunha falta de entendemento de Gus cun central, Rapante abría o marcador. Tras media hora de igualdade, Gus tiña que facer un regate tras unha cesión comprometida dentro da área, e o seu despexe caíalle a Abel que facía o segundo. E xusto antes de ir ao descanso Riki facía o gol da tarde dende o pico da área.
Na segunda, os de Sergio amosaron algo máis e reduciron distancias.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Menudo golazo que marcou Riki no @ud_montelouro - Castrelo!! Como se nada o tío...

A post shared by Que pasa na Costa (@quepasanacosta) on

 

Camariñas - Camelle (7-1)

  • Camariñas: Pablo, Rodri, Oli, Moriño, Pablo Suárez, Barreiro, Nico, Mario, Saviola, Nazo e Brandon. Tamén: Sergio, Miki Pose, Manu Pasantes e Brais Alonso.
  • Camelle: David (Roi, m.55), Dido, Maka (Tedín, m.55), Ucho, Pablo, Rodri, David Camelle, Marcelino (Calipo, m.70), Ruso, David Camariñas (Carlos, m.55), Adrián.
  • Goles: 0-1, m.27: David; 1-1, m.32: Nazo; 2-1, m.33: Brandon; 3-1, m.52: Saviola de penalti; 4-1, m.66: Miki; 5-1, m.70: Nazo; 6-1, m.75: Brandon; 7-1, m.77: Brandon.

Aguantou ben o Camelle a primeira metade co vento a favor. Pero a expulsión de Dido aos 20 minutos marcou o choque. Aínda así adiantaríanse os de Ordóñez, pero antes do descanso, Nazo e Brandon demostraron por que son dous dos máximos goleadores da categoría con sendos golazos. (Brandon é o pichichi con 17 goles; Josiño do Nantón leva 15, e 12 levan Pesco e o propio Nazo)

Na segunda un penalti nada máis comezar por unhas mans tontas, xa romperon o partido.

 

Outes - Corcubión (1-0)

Plantel do Outes CF no Cunchido

  • Corcubión: Mario Suárez, Evaristo, Alán, Antón, Esteban, Chiru, Castillo, Adán, Goche, Lema e Tito. Tamén Joaquín, Lagoa e Santi.

11 do Corcubion no Cunchido

  • Outes: Alex (Gato), Jura, Robert, Pablo, Caamaño (David), Chía (Bugallo), Martín, Simón, Veleiro (Saúl), Eloy (Babu), Santi.
  • Gol: 1-0, m.82: Bugallo.

Puxolle as cousas complicadas un Corcubión baixo mínimos a un Outes que non quería perder a estela do Camariñas. A primeira parte foi aburrida, sen un dominador e sen claras ocasións de gol. Na segunda locais tentarono de todas as formas pero atopáronse co acerto defensivo visitante e cun Mario Suárez reconvertido a porteiro, rememorando os seus tempos mozos. Os visitantes tiveron as súas opcións de dar a sorpresa ás contras.

Xa cando o partido esmorecía, e parecía que ía rematar en táboas, nun dos pouco erros defensivos visitantes o Outes faría o único tanto do encontro.

 

Todas as crónicas de 3ª Galicia.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios