Imprimir

A armada costeira do Cerceda

Alberto Pose |

Alberto Pose | 27 de outubro de 2012

Alex Canedo, Josito, Noé, Aitor Díaz e Alberto Vía,Costeiros no Cerceda 2012-2013

O domingo pasado fun a O Roxo presenciar o Cerceda-Compos, partido estelar da xornada e que ademais co morbo de saber que adestrador podería perder o seu posto, pois segundo os entendidos da categoría os dous mister estaban na corda frouxa. Alá fun eu cara Cerceda, na máis entrar atopeime cun ambientazo nas gradas, a historia do Compos aínda pesa e arrastra xente, independentemente da categoría na que este.

Recollo a miña invitación e paso por un torno, si, un torno, deses que só se ven nos campos de 1ª e 2ª, e segundo teño entendido en moi poucos de terceira. Collo a folla informativa onde saen as aliñacións e cando xa estou sentado na butaca, sorpresón na aliñación do CCD Cerceda, dos 11 xogadores que saen de inicio, 5 son da Costa, flipei!!!!!. por un lado Noé, ese vello roqueiro que aínda segue correndo a banda como o primeiro dia, fisterrán, todo dito. Josito de Cerqueda, novo xogador que se formou na canteira do Dépor e agora aporta polivalencia a defensa do Cerceda, aínda me acordo cando era un xogador infantil e xogaba no campionato de fútbol sala que se organiza en Cerqueda por mor das festas de San Cristovo, todos diciamos o mesmo, este vai chegar lonxe. Aitor Díaz, tamen fisterrán, acompañaba no centro da zaga ao outro xogador da Costa, Alex Canedo, formado na canteira carballesa e que este ano cambiou de aires. En definitiva, a defensa do Cerceda con máis arraigo ou non, tiña algo do fútbol da Costa.

Para o final deixo ao quinto costeiro, Alberto Vía, xogador vimiancés que apostou por facer a pretempada nun grande e acabou convencendo a Jose Luís Lemos para facerlle ficha. Coa humildade como bandeira o domingo o bo de Vía marcaba o gol da vitoria cercedense e se cadra salváballe a cabeza ao míster que fai un par de meses apostaba por el. Gustaríame resaltar a traxectoria de Alberto, pois debería de ser unha referencia para outros xogadores novos da Costa, formouse en equipos cunha traballada canteira como Bergan e Montañeros, deu o salto ao Soneira e soubo estar a sombra dun xogadorazo coma Vituco e despois soubo suplir a súa ausencia con creces. Dende aquí quero darlle a noraboa a Alberto e aledeime moito polo seu importantísimo gol do pasado fin de semana.

Non quero desaproveitar a ocasión para nombrar a Borja Facal, xogador laxense que onte tamén esta no campo, pero no bando compostelán, espero que agora que o Compos esta intentando volver a ser ese equipo que foi, se acorde dos xogadores do Costa como fixo en tempos atrás, só eles se acordaron de visitar os campos costeiros, xa que Depor e Celta andaban enredados noutras cousas, gracias ao Compos os Cabrejo, Juan Purrúa, Anxo, Felipe ... son os xogadores que son, evidentemente, eles puxeron da súa parte moito traballo, pero sabemos que moitas veces, iso non é suficiente para triunfar no mundo do fútbol.

Crónicas da semana

Outros artigos de Alberto Pose.

Outros artigos deportivos

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /opinion/alberto-pose/a-armada-costeira-do-cerceda/20121027120158099560.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia