Imprimir

A #AxendaCostadaMorte chega cargada para recibir o Nadal

que pasa na costa | 08 de decembro de 2017

Xa se albisca o Nadal e os programas culturais xa están as portas. Pero nestas datas previas, a #AxendaCostadaMorte (que tendes sempre accesible en quepasanacosta.gal/axenda), trae para esta fin de semana unha marea de actividades: Roteiros culturais, festas, concertos, teatro, monólogos… Antes, os amigos de 4gotas.com tráennos o parte costeiro:
A fin de semana virá marcada pola presenza da chuvia, especialmente no domingo.
O venres as chuvias cesarán a medida maña e mesmo acabará saíndo o sol no mediodía e primeras horas da tarde.
Contra a noite volverán as nubes e o sábado choverá se xeito feble.
A medida que avance a tarde do sábado as chuvias irán a máis e o domingo será pasado por auga, sobre todo na tarde cando tamén zoará con moita forza o vento.
Atentos á web para o luns porque podería ser un día moi complicado, pola chuvia, polo vento e polo frío que mesmo podería deixar neve en cotas baixas...

Festas

Outras citas

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos  (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
  • Casa da Cultura de Vimianzo acolle dende a exposición “Teatro do Atlántico 30 anos actuando” na que se fai un percorrido pola traxectoria dunha das compañías máis lonxevas da comunidade.
Fonte
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/a-axendacostadamorte-chega-cargada-para-recibir-o-nadal/20171208061120086464.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia