Imprimir

A documental Lira gaña o premio do público no Green Up Film Festival

que pasa na costa | 24 de outubro de 2012

Aí está. Un premio internacional para a documental "Lira, un mar de vida na Costa da Morte". A produción de Saga TV e TVG, dirixida por Marcos Gallego vén de lograr o primeiro premio do público no Green Up Film Festival de Bruxelas. Foron un total de 1456 persoas a que se achegaron pola páxina do festival para velo e votalo, deixando así moi alto o listón galego.

A interesante documental rexistra todo o movemento desenvolto no mar de Lira arredor da creación da Reserva Mariña. Ademais de impactactes imaxes dos fondos mariños, a documental é máis recomendable pois recolle as testemuñas de ducias de traballadores do mar, que vén, con mellor ou peor ollo a creación da reserva, pero no que a meirande parte recoñecen que as cousas non se estaban facendo de todo ben.

Podemos escoitar persoeiros da zona como Emilio Louro “Milucho”, Antonio Allut, Juan Manuel Leis, Josefa F. Sestayo “Pepita”, Mariano Lago, José M. González, José Dosil “Torea”, Andrés D. Beiro, Manuel A. Lustres, José Freire “Pepe”, Manuel Tajes “Rubio de Camelle”, José Dosil ou Marco A. Freire…

Pero o que si queda claro é que esta recuperación da comunidade de pesca artesanal xa é un exemplo internacional de innovación no sector contra a sobrepesca.

Por certo, que non é a primeira vez que o director traballa na nosa bisbarra. Marcos Gallego é coñecido entroutros motivos por facer para o Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM) excelentes documentais como Os batáns do Mosquetín, un conxunto etnográfico singular (2006), Rúa das antas da Costa da Morte. Os principais monumentos megalíticos (2009), Os penedos de Pasarela e Traba, a arte dos dedos do tempo (2009) ou Faros da Costa da Morte (2010).

O trailer


Novas relacionadas

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carnota/a-documental-lira-gana-o-premio-do-publico-no-green-up-film-festival/20121024073511071469.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA