Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Mazarica xa ten curmás: Linda e Marela

A Mazarica xa ten curmás: Linda e Marela
Nenos de Mazaricos con Linda e Marela Nenos de Mazaricos con Linda e Marela Linda e Marela son os nomes das novas curmás da famosa Mazarica, esa vaca de fibra que leva a MZ por todo o país. Foron os nenos e as nenas do concello os que escolleron os nomes destas novas integrantes da familia mazaricá no marco dunha fermosa xornada na que se presentaron as novas rutas de sendeirismo literarias que o Concello e a asociación cultural Eu Son Mazaricos están a promover. Fixeron un pequeno tramo ata Pidre, onde degustaron un biscoito feito para a ocasión, e descubriron os nomes máis votados. As pequenas artistas de Mazaricos bautizando a Linda e Marela As pequenas artistas de Mazaricos bautizando a Linda e Marela Agora as novas vacas xa pacen enfronte do campo da Picota. “As vacas estarán ubicadas nun lugar ben visible para as persoas que cheguen polo camiño pola variante da Picota, é un xeito de promocionar a gandeiría”, sinalou o alcalde, Juan José Blanco Riveiro. Ao fío disto engadiu que “están ao principio das novas rutas de sendeirismo do Concello para, deste xeito, darlles visibilidade”. Rutas de sendeirismo por Mazaricos Estreadas as novas Rutas de sendeirismo por Mazaricos

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios