Venres. 26.04.2024
El tiempo

A praia de Sardiñeiro volve ter augas de calidade Excelente

A praia de Sardiñeiro volve ter augas de calidade Excelente
A praia de Sardiñeiro volve ter augas de calidade Excelente A praia de Sardiñeiro volve ter augas de calidade Excelente A semana pasada a Axencia Europea de Medio Ambiente publicaba o seu informe sobre a calidade das augas de baño, avisando das 7 praias nas que non nos debemos bañar este verán. Entre elas, das 65 praias analizadas, o 80% son de calidade excelente, pero hai unha serie de excepcións, sendo as de Ligunde (Camariñas) e Arnados (Carballo) as únicas que rozan o insuficiente coa nota de Suficiente (a carballesa mellora en todo caso, pois viña ser catalogada como insuficiente o pasado ano). Das 7 praias, as ceesas de Estorde e Lires son as únicas, xunto a muradá Virxe do Camiño, que aínda forman parte do censo, unha vez que as da Concha (tamén en Cee); Area da Vila e Camelle (Camariñas) xa están fora do censo por ter máis de 5 anos a catalogación de calidade insuficiente para o baño (só volverán ao censo cando se fagan actuacións de saneamento na contorna). Queda a praia de Sardiñeiro, en Fisterra, que aínda está fóra do censo. Pero o Sergas explica que a pesar de ter sido retiradas do control sanitario en 2016 por obter 5 anos consecutivos calidade Insuficiente, volveu ser controlada por mor das obras de mellora. A boa nova e que augas de Sardiñeiro volve ter a clasificación de excelente. Unha demostración de que actuacións en materia de saneamento dan os seus resultados, pois Fisterra leva anos traballando na mellora da súa rede.

5 praias costeiras na “Rede Galega de Praias sen Fume”

Praias sen fume na Costa da Morte Son varias as praias costeiras que forman parte desta “Rede Galega de Praias sen Fume” nas cales non se pode fumar en todo o areal, nun programa de adhesión voluntario con fin educativo, de promoción da saúde e protección do medio ambiente. A tempada de baño empeza o 1 de xuño e dura ata o 30 de setembro. As praias costeiras son a praia de Arou e de Lingunde (Camariñas), a praia de Quenxe e o portiño de Santa Isabel (Corcubión), e a praia da Cruz (Muxía),

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-7-praias-da-costa-da-morte-onde-non-te-debes-banar-este-veran/

Comentarios