Venres. 19.04.2024
El tiempo

Abre a reserva e venda de entradas en liña para o #FIOTenpausa

Programa FIOT 2020-0
Programa de espectáculos do FIOT en Pausa
Abre a reserva e venda de entradas en liña para o #FIOTenpausa

Ás 10:00h deste luns 5 de outubro abre, en ataquilla.com a reserva e venda de entradas para os espectáculos do FIOT en pausa abrirase o vindeiro luns. A pesar de que falamos dunha edición condicionada polo covid, a programación teatral entre os días 9 e 18 de outubro é de primeira calidade e achegará a Carballo propostas tan revolucionarias como Curva España, A lingua das bolboretas, A xente 2.0, Liberto ou Prostitución.

Hai redución de butacas, e a reserva está limitada a dúas por persoa, e levará a cabo o proceso de venda de entradas para os espectáculos de pago (a través de ataquilla.com) en dúas fases, co obxectivo de garantir que o sistema se adapte ás normativas sanitarias vixentes no momento no que se leve a cabo a programación escénica.

A entrada para as estreas da ficción sonora A lúa, válvula de spray e da performance Live será de balde pero haberá que facer unha reserva previa vía mensaxe de Whatsapp no 604 008 235; mentres que para as funcións do Certame Metro Cadrado a praza reservarase a través do correo electrónico [email protected]. Toda a información en fiot.gal.

Novas relacionadas

Comentarios