Venres. 26.04.2024
El tiempo

Aparatoso accidente dun camión de madeira no lugar da Ponte

Aparatoso accidente dun camion en Santa Comba 3
Aparatoso accidente dun camión de madeira no lugar da Ponte

Esta mañá envorcaba un camión de de transporte de madeira na AC-404 que une Zas e Santa Comba, a altura de A Ponte (Santa Comba). O camión arrolaba a unha pick-up, envocaba e desperdigaba toda a súa carga pola estrada provocando ademais importantes retencións.

O helicóptero medicalizado saíu ao punto, así como os Bombeiros de Santa Comba, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.

O único ocupante do vehículo, que saíu polo seu propio pé, resultou ferido de gravedade con varios traumatismos, e foi evacuado polo helicóptero do 061.

Aparatoso accidente dun camion en Santa Comba 2Aparatoso accidente dun camion en Santa Comba

Comentarios