As Brigadas Deseucaliptizadoras ponse en marcha en Corcubión
08:24 31/08/18
Membros de Boca de Sapo contando a sua historia para a tele
A Asociación Boca de Sapo segue na súa teima da erradicación do eucalipto.
Este sábado á mañán (9:30) farán a primeira actuación indo a talar con operarios do Concello e Brigadistas Deseucaliptizadoras para pór en marcha a futura prantación de árbores autóctonos e crear o primeiro bosque na finca do lugar de Amarelle (Monte Cambeiro, ou Archilos como se lle coñece vulgarmente) en Corcubión.
Irán informando para quen queira, nas próximas actuacións como poder botar unha man, facer comunidade e así ir mudando pouco a pouco nosa paisaxe para construír entre todas e todos un lugar máis habitable todas e todos construíndo un mundo mellor.
Novas relacionadas
“Corcubión salvou ás aldeas gracias a outra xestión do bosque” — Que pasa na costa- Alex López: Xente pequena (III).
- Corcubión salvou ás aldeas gracias a outra xestión do bosque.
- Corcubión declárase como “Concello libre de eucaliptos”.
- Francisco Santiago López: “A inundación de eucaliptos en Galicia é un verdadeiro un desastre medioambiental”.
- Unha Boca de Sapo para que Corcubión se declare “Libre de Eucaliptos”.
- A futura carballeira de Laxe.
- “Se prantamos, ao planeta axudamos”.