Imprimir

Atopan o corpo dun home no Camiño a altura da praia de Arnela

que pasa na costa | 07 de febreiro de 2020

O finado apareceu no camiño da praia de Arnela
O finado apareceu no camiño da praia de Arnela

Dous peregrinos alertaban ao 112 este mediodía de venres 7 de febreiro da presencia, dun corpo sen vida dun home preto da praia de Arnela, en Fisterra.

Segundo a Policía Local, podería tratarse dun peregrino (tiña unha mochila ao seu carón) ou un camiñante do Camiño dos Faros. Ademais, indican que o corpo xa estaba en avanzado estado de descomposición, polo que é posible que leve varios días falecido.

Ao ligar tamén acodiron a Garda Civil, Protección Civil e os Servizos Sanitarios.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/fisterra/atopan-corpo-dun-home-camino-altura-da-praia-arnela/20200207152608117227.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia