Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Baio prepárase para a procesión motorizada máis auténtica da bisbarra

Baio prepárase para a procesión motorizada máis auténtica da bisbarra
Manuel Espasandin membro da Comision de Festas no seu Ford Scort do 72-Foto-Alberto Villar Manuel Espasandín, membro da Comisión de Festas, na procesión do ano pasado a bordo do seu Ford Scort do 72-Foto-Alberto Villar É Baio a capital do automóbil de Galicia, aínda que os chineses intenten invadirnos. E así o ratifican experiencias como a Feirauto, unha das feiras do automóbil de ocasión máis importantes do país, ou a fermosa procesión motorizada que sae no marco das Festas de San Cristóbal de Baio. Unha procesión que sairá na mañá do vindeiro luns 10 de xullo ás 13 horas dende a igrexa vella de Baio e na que participan todo tipo de vehículos, motocicletas e bicicletas matriculadas en calquera ano, ainda que hai un certo predominio dos "clásicos". Son moitos os afeccionados a estes coches na provincia, nun mercado de segunda man bastante movido. É fundamental que che fagan unha correcta valoración do teu vehículo, e así o saben os concesionarios baieses que veñen de pechar 20 vendas na última edición da feira do pasado mes de xuño. Se che gustan os clásicos (e os non tan clásicos), tes unha cita o vindeiro luns no San Cristovo de Baio. O ano pasado pasaron de 100 os coches participantes na procesión, con motos e mesmo bicicletas. Este ano, sendo luns a cousa será algo máis cativa, pero promete convertirse en toda unha festa do motor. Os que non faltarán son os membros da comisión de festas, como o propio Manuel Espasandín, que se o ano pasado sacou ese Ford do 72, este ano mercou un coche novo que ten que bendecir! O parroco soe bendecir os coches da Procesion do San Cristobal de Baio-Foto-Marcos Rodriguez O parroco bendice os coches da procesión do San Cristobal de Baio-Foto-Marcos Rodriguez

Máis información

 

Fonte

Comentarios