Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O BNG de Muros critica que a alcaldesa “ningunee” a pesca artesanal

Barcos de baixura no porto de Muros
O BNG de Muros critica que a alcaldesa “ningunee” a pesca artesanal

A raíz da entrevista realizada nos #DirectosQPC coa alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, a pesca de baixura ficou sorprendida polas súas palabras. Aseguraba que é moi pouca a incidencia da pesca artesanal no porto muradán, e que a súa importancia no pasado é resposta a día de hoxe polo marisqueo.

O sector engloba 70 embarcacións, que xeneran entre 150 e 200 postos de traballo. “Ningunha empresa, por grande que sexa, se aproxima a esta capacidade de xerar traballo como xera o noso mar.” Así o explica o BNG de Muros, que considera que “Muros Mira ao Mar, pero non só desde a súa acristalada fachada que fai da nosa Vila un dos cascos históricos máis fermosos da Galiza, se non que mira ao Mar desde os ollos da nosa economía, da nosa gastronomía, do noso xeito tan particular que temos “@s pesc@s” de entender o mundo. A pesca é, tradicionalmente, un dos principais recursos económicos que sosteñen, xunto co comercio e o turismo, a precaria economía do noso concello”, explica.

O BNG muradán critica “as nefastas políticas da Unión Europea, e a nula acción de PSOE e PP desde os gobernos centrais por defender o noso xeito de vida”, lembran o traballo da eurodeputada Ana Miranda, e lamentan que “os políticos, desde Europa ata a nosa alcaldesa, ninguneen ao sector”.

Novas relacionadas

Comentarios