Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Camariñas tamén apura aos propietarios a limpar as fincas

Maio é a data límite posta pola Lei de Incendios de Galicia para que os Concellos asuman a limpeza das fincas dos propietarios que non acometen, puidendo multar e ata expropiar
Finca chea de maleza nunha parroquia de Camarinas
Finca chea de acacias nunha parroquia de Camariñas
Camariñas tamén apura aos propietarios a limpar as fincas

Polo de agora, só o Concello de Ponteceso atreveuse a meter man na xestión da limpeza de fincas. Ata o mesmo Feijoo recoñecía non respectar a Lei de Incendios de Galicia. Unha Lei que cae sobre as costas dos Concellos, que teñen que comezar a obrigar aos propietarios a manter limpas as faixas de biomasa preto das vivendas.

O segundo concello que intenta incentivar aos particulares a cumprir a Lei é o de Camariñas, ofrecendo un servizo gratuíto de asesoramento sobre as obrigas de limpeza das faixas de biomasa.

Maio, data límite

A realidade é que no caso de non realizar esta limpeza antes de rematar o mes de maio, os Concellos terán que realizala cobrándolle os custes destas labores aos particulares, e tamén poderán decomisar as especies arbóreas prohibidas. Mesmo poderá iniciar un procedemento de expropiación forzosa no caso de que o importe da limpeza supere o valor catastral da parcela. Ademais, as sancións por incumprimento poden ter multas desde os 100 ata os 100.000 euros.

Servizo de asesoramento

Persoal especializado municipal ofrece este servizo ao público todos os mércores desde as 10 ata as 14 horas na oficina da entrada da Casa do Concello, no teléfono 653276989 e no correo electrónico [email protected].

As persoas interesadas poden asinar un contrato con Seaga para a limpeza e xestión das faixas da biomasa conforme ás condicións e prezos establecidos. O servizo técnico municipal facilitará información e tramitación destes contratos.

As Obrigas

Lei de Incendios de Galicia-Franxa Biomasa Fincas

Como vén indica este esquema as persoas propietarias teñen a obriga da limpeza da franxa de 50 metros arredor de: Solos urbanos, núcleos rurais e urbanizables.
Edificacións, vivendas illadas en solo rústico e urbanizacións situadas a menos de 400m do monte.
Depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras, parques e instalacións industriais situados a menos de 400m do monte.
Vivendas illadas en solo rústico situadas a máis de 400m do monte.

Nesta faixa non poderá haber especies arbóreas como eucaliptos, piñeiros e acacias.

Novas relacionadas

Comentarios