Venres. 26.04.2024
El tiempo

Carnota trasládase ao Medievo a través dos libros

Carnota trasládase ao Medievo a través dos libros

Este sábado, 8 de abril, tivo lugar no salón de actos do Concello de carnota, a entregar do Premio Historia Medieval de Galiza e Portugal 2010, que organizou o concello carnotán este ano.

Abriu a entrega a tenente de alcalde, Marisol Piñeiro, falando da importancia que ten a investigación e a historia da nosa terra, e felicitando aos dous “gañadores” a súa valía como escritores. Fixo tamén, a entrega do trofeo ao gañador, Marcos Fenández Piñeiro, polo seu libro Servos e escravos altomedievais no noroeste da Península Ibérica.

Logo un membro do xurado, Pedro García Vidal, tamén tivo unhas verbas de admiración para este escritor, e fíxolle a entrega do premio en metálico, e coma non, tamén á finalista Andreia Catarina Magalhaes Arezes, polo seu libro “Elementos de adorno altimediévicos en Portugal”.

Pechou o acto Marisol Piñeiro, e logo foron desfrutar todos xuntos dun xantar en Carnota.

Personalidades

A este acto acudiron os alcaldes de Muros, Lousame, Noia, Outes, Porto do Son, e a tenente de alcalde, Marisol Piñeiro, polo Concello anfitrión. No xurado estaban Carlos Barros (profesor de historia medieval da USC), Xerardo Agrafoxo (historiador e escritor), Clodio González (investigador e profesor), Henrique Monteagudo (Profesor de lingua galega da USC) e David González (director de publicacións da Editorial Toxosoutos).

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carnota.

Comentarios