Imprimir

Cee abre o programa deportivo mentres nace un novo clube de atletismo

que pasa na costa | 18 de setembro de 2012

Xa están abertas as inscricións para o Programa Deportivo Municipal do Concelo de Cee. Do 17 ao 28 de setembro estará aberto o prazo pre-inscrición para participar nas diferentes escolas e actividades físico-deportivas para o curso 2012-2013.

Un programa que chega coa creación do novo clube “Asociación Deportiva Olimpia de Cee”, de recente creación, que traballará entre outras disciplinas o atletismo ausente en toda a bisbarra. Necesaria ademais a creación da creación dun clube de atletismo na vila da Xunqueira, dados os éxitos acadados polos atletar sénior e polos máis pequenos tamén.

Máis información e inscrición

A formalización da mesma poderase facer na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar), no tlfn. 981.745100 (ext. nº 3) ou ben no correo electrónico [email protected]

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Cee.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cee/cee-abre-o-programa-deportivo-mentres-nace-un-novo-clube-de-atletismo/20120918062010071244.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA