Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Concello de Malpica convoca ao tecido asociativo a unha segunda xuntanza no Salón de Plenos

A reunión é de carácter informativa, co fin de seguir aportando ideas á revalorización do proxecto da Croa do Castro.

O Concello de Malpica convoca ao tecido asociativo de Cerqueda a unha segunda xuntanza no centro social das Pozacas o vindeiro venres, 14 de febreiro, para seguir aportando e departindo sobre a revalorización do proxecto da Croa do Castro.

Será ás 21:00 horas da tarde e terá o carácter de xuntanza aberta, para que poidan asistir todas as persoas que así o desexen. A veciñanza poderá realizar as súas aportacións.

Desde o Concello convidan a todo o mundo a participar na mesma, xa que “estamos convencidos de que este encontro suporá unha achega de ideas e liñas de actuación na posta en valor do noso Patrimonio”, sinalan.

Comentarios