Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Copa da Costa: Esteirana e Cabana veranse as caras na gran final

Alejo e Dani Rama no Cairo na semi da Copa da Costa 2019-Foto-Fin Lema
Alejo e Dani Rama no Cairo na semi da Copa da Costa-Foto-Fin Lema
Copa da Costa: Esteirana e Cabana veranse as caras na gran final

Tanto Esteirana como Cabana fixeron valer o valor dobre dos goles en campo contrario para lograr o pase a ese partido decisivo no que terán a oportunidade de volver a conquistar unha nova Copa da Costa para as súas vitrinas.

Unhas semifinais que se viron empañadas polos sucesos acontecidos ao remate do partido no Hermanas Patiño. A afección local, indignada polo penalti sinalado nos últimos minutos e quedaba o pase ao Cabana, agredeu a un delegado federativo que tivo que ser trasladado ao Hospital. 

Corme CF 1 – 1 SD Esteirana

Corme semifinalista da Copa da Costa-Foto-Fin Lema
Foto-Fin Lema

  • Corme CF: Suso, Pandi, Sueiro, Eloy (Aitor m.87), Brais, Alejo, Lucas, Alejandro (Ángel m.92), Toniño, Javi Peón, Brais Torrado (Diego m.79).

Esteirana no Cairo-Foto-Fin Lema
Foto  Fin Lema

  • SD Esteirana: MJ, Simón, Josiño Alves, Álex (Carajillo m.87), Adrián (Maroñas m.84), Róber Pladur, Elías (Samu m.79), Codesido, Dani Rama, Tobío e Raúl.
  • Goles: 1-0 m.29: Alejo; 1-1 m.75: Elías.
  • Expulsión: O cormelán Sueiro ao final do partido.

Arbis e capis na semifinal da Copa da Costa Corme-Esteirana-Foto-Fin Lema
Arbis e capis-Foto- Fin Lema

650 persoas no Campo do Cairo para a semifinal de Copa da CostaO Cairo presentou a imaxe dos seus grandes días para acoller este encontro no que estaba en xogo, nada máis e nada menos que a clasificación para a final da Copa da Costa. Máis 650 persoas ateigaron o campo cormelán.

Sería o Corme quen tratou de levar a iniciativa nun primeiro momento e a pesares de que os da vila do Roncudo dominaban a posesión do balón non lograban inquedar a portería defendida de MJ e sería a Esteirana quen faría os primeiros achegamentos de perigo por medio dun Elías que se atoparía cun incomensurable Suso, e de Raúl que remataría fóra por pouco.

Pero cando se chegaba a media hora do partido, aparecería Alejo para facer unha auténtica xenialidade e sacarlle as teas de araña a unha das escadras visitantes cunha espectacular chilena, o que significaría o 1-0 co que se chegaría ao tempo de lecer.

No segundo acto, o ritmo do Corme baixou considerablemente e a Esteirana comezaría a ir a máis para buscar un resultado que lle dese o pase para a gran final.

E os homes de Geno lograríano a falta de 15 minutos para que se cumprise o tempo regulamentario cun remate de Elías que se introduciría na portería local con certa incertidume.

A raíz deste gol, o Corme trataría de lograr un gol que lle dese a clasificación pero en ningún momento inquedaría a unha Esteirana que non pasou apuros e que buscará acadar a súa segunda Copa da Costa da historia.

Esteirana celebrando en Corme
Familia da Esteirana celebrando o pase á final

Camariñas FC 3 – 3 Cabana SD

  • Camariñas FC: Pablo, Rodri (Manuel m.70), Mario, Nico, Dani Moreno (Cibrán m.44), Fran, Óliver, Djibi, Saviola (Adrián m.63).
  • Cabana SD: Darío, Pablo Senande, Raúl, Santi (Aarón m.60), Pipa, Dani, Castro (Christian), Manolo, Manu (Ismael m.93), Cacha e Iván.
  • Goles: 0-1 m.9: Manuel; 1-1 m.33: Dani Moreno; 2-1 m.53: Djibi; 2-2 m.54: Manolo; 3-2 m.82: Djibi; 3-3 m.88: Iván (p).
  • Expulsións: O camariñán Miki no minuto 91.

Camarinas-Cabana-Semifinal de Copa da Costa-Foto-Jose Campan 2

Encontro moi disputado e moi emocionante no que aos nove minutos, o Cabana poñía a eliminatoria patas arriba cun gol de Manuel que lle daba a clasificación momentánea pero pasada a media hora, Dani Moreno volvía a empatar esta semifinal nun córner mal defendido polos visitantes.

Na reanudación, Djibi adiantaba ao Camariñas nun novo saque de esquina pero case sen tempo para celebralo, Manolo igualaría de novo un partido no que o Cabana tería máis ocasións que non lograría materializar.

Todo o contrario que un Djibi aproveitaría un novo despiste defensivo para adiantar aos seus e darlle a clasificación momentánea.

Este gol fixo que o Cabana arriscase e o Camariñas pediría un posible penalti nunha acción que comezaría a acender os ánimos da bancada local e pouco despois, o colexiado sinalaría unha pena máxima a prol dos visitantes por unha protestada man, na que os camariñáns defenden que lle dá na cara, pero o árbitro non o vería así e Iván non desaproveitaría a oportunidade para facer o definitivo 3-3 que lle deu aos seus o pase para a gran final.

Nos minutos finais e co encontro xa rematado, no Hermanas Patiño puideron verse varias cousas das que sobran nun campo de fútbol, xa que os camariñáns increparon ao trío arbitral e o delegado federativo designado para o partido.

O Cabana celebrando o pase para a gran final logo de vencer ao Camarinas.
Cabana celebrando o pase á final da Copa da Costa

Comentarios