Dous Premios Anuaria de deseño para o Bela Fisterra
06:19 27/12/18
Bolsa do Bela Fisterra
Acábanse de coñecer os resultados dos Premios Nacionais Anuaria de Comunicación Visual. Uns Premios que se convocan cada ano en Barcelona e premian os mellores traballos de Branding, publicidade, deseño gráfico e editorial que se realizaron en España durante o último ano. Un xurado de prestixio selecciona entre todos os candidatos os mellores traballos para recoñecer a calidade da idea, deseño e execución.
Entre os premiados atópase a axencia de branding galega Xosé Teiga, Studio que foi merecedora de cinco Premios, dous deles para Bela Fisterra Hotel nas especialidades de deseño interactivo e deseño de contidos. Estes méritos súmanse ao recente logro conseguido, sendo elixido como traballo representante de España na Bienal Iberoamericana do Deseño e tamén finalista optando ao gran premio da BID na especialidade de comunicación visual. Converténdose así, no único traballo español finalista nesta especialidade e o único galego con representación na BID.