Venres. 26.04.2024
El tiempo

Esteiro espera 20.000 persoas para o XXV Gran Premio das Carrilanas

Esteiro espera 20.000 persoas para o XXV Gran Premio das Carrilanas
XXV Baixada de Carrilanas Esteiro 2012

Rodamentos ben engraxados, preparando as carrocerías. Todo case listo para o Gran Premio de Carrilanas de Esteiro 2012. Nada menos que a 25ª edición, o que dá conta da importancia desta Festa Declarada de Interese Turístico, unha das 8 declaradas da Costa da Morte.

Os dias 21 e 22 de xullo de 2012, con entrenamentos libres, fase de clasificación e pole position coma se da Formula 1 se tratase, as carrilanas tomarán o protagonismo.

Agárdase que unhas 20.000 persoas enchan Esteiro para disfrutar da singular carreira, dando conta da incidencia da mesma. Ah, e ollo que hai zona de acampada de balde.

XXV Gran Premio de Carrilanas de Esteiro 2012

O luns 16 de xullo ábrese o prazo de inscrición. Para o 20 de xullo serán os entrenamentos libres a partir das 19:00h. Poderase disfrutar das carrilanas na exposición da Alameda o sábado de 12:00h a 15:00h. e ás 19:00h xa terán a loita pola pole position. Pola noite do sábado, verbena e disco móbil.

A Charanga NBA amenizará a mañá e a gran carreira será o domingo ás 19:00h, comezando polos rapaces, seguindo polas lentas e rematando polas rápidas.
Ao remate a xente poderá volver a Alameda para a entrega de premios e disfrutar dunha degustación de produtos da terra. E como non, non faltará a verbena.

Máis información

Comentarios