Imprimir

Falece un mozo mazaricán de 19 anos nun accidente entre un turismo e un tractor

Redacción | 18 de setembro de 2020

Tráxica mañá esta de venres 18 de setembro tralo falecemento dun mozo de 19 anos, natural do lugar de Asenso, Mazaricos. O sinistro acontecía arredor das 7:30h da mañá, cando o turismo alcanzaba unha maquinaria agrícola na DP-3404 (a estrada que une Mazaricos e Dumbría, no punto quilométrico 19,500 (termo municipal mazaricán.

Os  Bombeiros do Xallas acodiron para liberar á persoa, xa falecida, e tamén actuaron os membros do GES de Muros en colaboración cos bombeiros do parque de Santa Comba.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/mazaricos/falece-mozo-mazarican-19-anos-nun-accidente-turismo-tractor-2/20200918134009121998.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia