Venres. 29.03.2024
El tiempo

Fenosa escoita as demandas da veciñanza de Fisterra

O Concello de Fisterra xa tivo unha resposta por parte de Fenosa despois de emitir as súas queixas a semana pasada.
O Concello de Fisterra xa tivo unha resposta por parte de Fenosa despois de emitir as súas queixas a semana pasada.
Fenosa escoita as demandas da veciñanza de Fisterra

Os veciños de Fisterra están fartos dos continuos e molestos cortes de luz que levan azoutando tanto a este Concello coma a toda a Costa da Morte durante estes últimos meses, e así o amosaron nunha carta que enviou o Concello de Fisterra ao director Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), Francisco Conde, que ademais é Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Xunto a esta queixa ía tamén un informe de queixas dos veciños e deficiencias na rede de suministro eléctrico no Concello elaborado pola empresa Aralumen.

Unhas queixas que semella que foron finalmente escoitadas por Fenosa, xa que este mesmo luns volveu chamar ao tenente alcalde de Fisterra, Kuka Sar, o delegado de zona de Fenosa, para ver pedir á empresa eléctrica Aralumen, autora do informe de incidencias, se podía facer un plano dos puntos febles da rede.

Marcelino González, xerente da empresa de electricidade Aralumen, quen resultou "sorprendido pola rapidez coa que nos atenderon", comenta que pola súa parte que "todo no que poidamos colaborar, colaboraremos". Deste xeito, en vista de facilitar a lista de todas as zonas con deficiencias, ten previsto realizar outra publicación en redes pedindo a colaboración cidadadá, e así, todo aquel que sepa dalgunha deficiencia na rede, de cables en mal estado... poida notificalo e poidan ser trasladadas as máximas incidencias posibles aos ténicos de Fenosa.

Segundo o tenente alcalde, a intención dos responsables de Fenosa da zona é ir a semana que vén para facer unha valoración e un presuposto para envialo á empresa coas cousas graves máis prioritarias, pois “parece que lle van poñer a man xa”, asegura Sar.

Cómpre facer ruído, para que as empresas responsables das infraestrururas respondan, pero tamén é bo que a xente vexa que queixarse ten resposta. Agora a empresa xa fala con outro ton co Concello de Fisterra despois das queixas vertidas en medios como QPC, nas redes sociais, ou no informe enviado ao INEGA.

Aínda así, todavía queda un longo camiño por diante, xa que segundo González, o estado xeral das infraestruturas é moi deficiente en todo o Concello, "tanto no rural, coma no casco ou coma na entrada". Ademais de que as queixas non veñen só deste municipio, senon que tamén afectan a moitos puntos dos arredores como Lires ou Cee.

Outro cantar será a liña de media tensión que vén da estación da Pontella, e que carga sempre coas culpas. Iso necesitará máis tempo para solventarse.

Comentarios