Imprimir

Para que a Festa do Percebe do Roncudo sexa Festa de Interese Turístico Nacional

Redacción | 03 de abril de 2019

Foto de Marcos Rodríguez dunha Festa do Percebe do Roncudo
Foto de Marcos Rodríguez dunha Festa do Percebe do Roncudo

Se ben temos Festas de Interese Turístico de Galicia, (o Asalto está en camiño, esperemos), só a Romaría da Virxe da Barca ten este distintivo a nivel nacional.

Pero pode que non sexa a única, se prospera a proposta do Concello de Ponteceso. O pleno aprobaba por unanimidade unha moción presentada pola concelleira socialista Susana Toja para comezar os trámites e conseguir que a Festa do Percebe do Roncudo sexa declarada de Interese Turístico Nacional, unha vez que ten o distintivo autonómico dende hai 5 anos.

Este ano, a festa de exaltación do mellor percebe do mundo, que vai pola súa 27ª edición, será o 6 de xullo.

 

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/ponteceso/festa-do-percebe-do-roncudo-sexa-festa-interese-turistico-nacional/20190403102925108305.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia