Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Festival Espazos Sonoros escolle a Fundación Fernando para un dos seus senlleiros concertos

Capela do IES Fernando Blanco
A Capela do IES Fernando Blanco acollerá un simbólico concerto do Festival Espazos Sonoros
O Festival Espazos Sonoros escolle a Fundación Fernando para un dos seus senlleiros concertos

Será o sábado 21 setembro, cando a Capela do Instituto Fernando Blanco acolla o concerto de Mateo Arnáiz, no marco do presitixio XII Festival Espazos Sonoros, organizado pola Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo.

Do 1 de setembro ao 6 de outubro, a música de raíz maridará co patrimonio monumental fornulando por unha experiencia tremendamente singular.

A Capela da Fundación será un dos lugares especiais xunto coas igrexas de Santa Liberata, Santo Estevo de Chouzán, Santa María de Penamaior e San Miguel de Lebosende, ao mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, ao pazo de Faramello e á catedral de Tui. Oito espazos monumentais extraordinarios para construír unha experiencia de acceso cultural única.

A cita de Cee

Mateo Arnaiz actuara en Cee no Festival Espazos Sonoros

O concerto de Mateo Arnáiz, un dos máis consagrados guitarristas saídos dos conservatorios galegos nas últimas décadas, será o sábado 21 de setembro, ás 19 horas. Ademais de concertista cunha xa longa traxectoria, é docente no Conservatorio Superior de Música da Coruña e investigador nos ámbitos da música e da psicoloxía, con diversos traballos académicos e unha tese de doutoramento sobre a interpretación musical e a ansiedade escénica. A entrada ao concerto será libre, ata completar o aforo da capela.

Previamente, a partires das 16 horas, haberá unha visita guiada ao Museo Fernando Blanco e ao xardín botánico do IES Fernando Blanco. Capacidade máxima de 60 persoas. A inscrición para a visita deberá facerse do 7 ao 18 de setembro no correo [email protected]. Cada persoa poderá realizar un máximo de catro reservas. Para a reserva deberase achegar o nome completo de cada unha das persoas participantes, así como un teléfono de contacto. O día da actividade deberase presentar o código de referencia facilitado por correo electrónico coa formalización da inscrición.

Comentarios