Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os Foods Trucks invaden Carballo

Carballo Food Truck Presentacion
Presentación do Carballo Food Truck
Os Foods Trucks invaden Carballo

Esta fin de semana do 13 ao 15 de setembro, as mellores propostas de comida sobre rodas acampan en Carballo. Despois de pasar o verán de festa en festa, a nova moda das cociñas itinerantes aterra no Food Truck Fest carballés.

Hamburguesas premium, bocadillos gourmet, gastronomía orixinal e saudable, tapas diferentes, cociña veggie, viños de autor, cervexas especiais, sesión vermú, cociña en directo, produtos de proximidade, showcookings, obradoiros… Unha marea de actividades constante durante os 3 días de duración do evento.

Na festa non faltará a música, e as bandas The Cruz, Reconversión e DJ Pop Voyage amenizarán as sesións vermú.

Ademais, haberá 5 postos de artesanía: Obradoiro Gorín, de Buño; Amorote, printing workshop; La madrina de Candela; Axóuxeres e chisqueiros e a Asociación artística Crea Formas.

Entre os conciñeiros que van realizar os showcooking, temos a Álvaro Victoriano (dos Restaurantes Peculiar e Intenso da Coruña); Marcos Seoane (do Restaurante Río Sil de Carballo); Rocío Martínez (do Restaurante Pementa Rosa e Atelier de dóces Arabela); Chisco Ramos (do Restaurante A Esmorga).

Os Foodtrucks

Estes son os seis food trucks que convivirán durante tres días na Praza do Concello:

  • PanPiragua (Asturias): Cociña asturiana sobre rodas. Hamburguesas artesás, canciños quentes especiais, cachopos e as súas famosas piraguas con Pitu de Caleya, carrilleras ou rabo de boi, forman parte da proposta gastronómica desta orixinal food truck.
  • Misco-Midas Foodtruck (A Coruña -Canarias): Cociña fusión na que podemos atopar as súas deliciosas hamburguesas de vaca galega ou pito de curral con outras elaboracións que fusionan as cociñas atlántica e mediterránea. Un canario afincado na Coruña namorado das cociñas das súas dúas terras e que experimenta con propostas inspiradas en Italia ou Xapón. Con opcións vexetarianas e veganas.
  • Misco-Midas Grill: Un auténtico asador sobre rodas. Pizzas artesás, carnes e verduras conforman a proposta gastro desta orixinal fooodtruck.
  • Veggchamel (Pontevedra): Foodtruck especializado en proposta veganas e vexetarianas.
  • El 22 (Asturias-México): O auténtico sabor de México. Tacos, gringas, carnitas, guacamole. Un equipo de chefs mexicanos tráenos a “mexican street food”. Opcións vexetarianas e veganas.
  • Piazza La Peregrina: Pizzas de polbo, de queixos galegos como San Simón da Costa ou o incrible Galmesano, pizzas que nos levan a outros recunchos do mundo como Xamaica. Todos os sabores do mundo sobre unha crocante e deliciosa masa. Tamén pizza de chocolate para os amantes do doce. Con opcións vexetarianas e veganas.

Carballo Food Trucks Cartel 2019

Comentarios