Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os “Goya” do Fútbol da Costa

Queda moita tempada por diante e con todo por decidir nas categorías do Fútbol da costa, pero como o cine español xa entregou os seus premios, eu dende aquí quero facer unha pequena homenaxe e antes da super gala do Fútbol da Costa deste ano, que se podería comparar cos Óscars de Hollywood, fago esta entrega simbólica duns humildes Goya do que vai de campeonato no fútbol costeiro.

Cromo do Cabana SD-Foto-David Castro
Cromo do Cabana SD-Foto dos cromos realizadas por David Castro
Os “Goya” do Fútbol da Costa

Mellores efectos especiais

Sen dubida para o Cabana, o equipo que máis goles marca da Costa, os seus afeccionados disfrutan con partidos históricos coma as vitorias por 8-0 As Baleas, 9-1 o Camelle, 8-4 o Castriz e ata en outros 3 encontros como Castrelo, Nantón e novamente As Baleas marcaron 5 goles. Con Iván Mato en plan estelar e con gañas de volver poñer o seu equipo na Liga da Costa.

 

Mellor Vestiario

Cromo de equipo da Esteirana 18-19

Para ese equipo que vai de blaugrana, que tira da canteira e do bo xogo combinativo, a Esteirana, con esforzo, paciencia e confianza están a conseguir sair da zona de descenso da 1ª Autonómica, despois de demostrar o ano pasado todo o seu potencial na Liga da Costa.

 

Mellor Fotografía

En esta categoría todos son gañadores os que dende fóra do verde nos sacan esas imaxes para poder disfrutar no presente e recodar no futuro, e que os xogadores se vexan un pouco máis profesionais, pero quero destacar a Ra Bello a que cada xornada acompaña a UD Cerqueda para dar visibilidad con fotos e vídeos dos goles o Facebook do clube.

 

Mellor Actor de Reparto

Bruno Mendez Arbitro da Costa de 3Division

Aquí había duas modalidades, ou premiar ao defensa máis expulsado ou a quen logra que pase eso.  Daquela decantame por premiar a un colexiado con carácter, con personalidade e que reparte tarxetas con criterio sin darlle importancia se son locais ou visitantes, Bruno Méndez un dos mellores árbitros da costa.

 

Mellor Dirección

Cromo de Adrian Lema adestrador do Muxia

Adrián Lema o adestrador do Muxía, foi capaz de compaxinar veteranía con xuventude. Na tempada pasada foi o equipo revelación e agora xa chegou a consagración e candidato para pelear unha praza de ascenso.

 

Mellor Actriz

Cromo de Barbara Caamano das Miudas

Para o equipo femenino ED Os Miúdos cunha estelar Bárbara Caamaño que en 16 partidos leva a frioleira cifra de 30 goles anotados que coloca o seu equipo na 3ª plaza clasificatoria.

 

Mellor Actor

Cromos de Martin MC do CD Baio

Martín MC cun promedio de gol por partido en primeira rexional, 20 xogados e 20 goles, fai que o Baio se olvide do sufrimento da tempada pasada e poida sorrir tranquilo este curso mirando incluso a pelear por lograr un ascenso a preferente.

 

Mellor Película

Cerqueda-Buno-Foto-UD

A emoción dun derbi, onde se sentiu nas bancadas alegría, tristeza, drama e suspense, falamos do partido Buño - Cerqueda (5-5), o descanso os locais gañaban 3-0 pero no minuto 86 o resultado era 4-5 pero non acabaría así, no 88 facían o definitivo empate, para que as dúas afeccións finalmente marcharan con sabor amargo o verse por momentos cun partido xa gañado.

Comentarios