Imprimir

Maestro gañou a Batalla de Bandas no cuadrilátero da Cuac FM

que pasa na costa | 11 de outubro de 2018

Maestro recibiu o Premio Premio Batalla de Bandas Maestro B gañou a Batalla de Bandas da CUAC nunha noite de concertos memorables na mítica Sala Mardigrass da Coruña

Como nos gusta ver medrar as nosas bandas. E unha das que vai dar falar no futuro a nivel estatal vai ser, seguro, Maestro.

En maio presentaban disco, o #DiscoMaestrom pero é que en QPC xa os seguimos dende 2014. 4 anos despois xa andan vencendo batallas, xa andan recollendo premios.

Este pasado sábado disputaron na Sala Mardi Gras (A Coruña) a Batalla Final do XX Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM, un concurso da radio coruñesa no que se apuntaron máis de 100 bandas a nivel estatal. Á final conseguiron chegar os madrileños (de Alcorcón) The Special Case e a banda muradá Maestro (Muros).

Foi unha fermosa batalla e despois de dous conciertos e de un público entregado ao directo, o Xurado decidiu nomear aos costeiros como gañadores do Concurso. Un Premio dotado con 800 euros

Maestro Romero en concerto na Madrigrass Maestro Romero en concerto na Madrigrass Maestro celebrando o titulo da Batalla de Bandas

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-banda-murada-maestro-estrea-disco/

Máis novas Muros-musiqueiras

 
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/muros/maestro-ganou-a-batalla-de-bandas-no-cuadrilatero-da-cuac-fm/20181011114653089398.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA