Imprimir

Máis de 100 cabeceiras para celebrar, en Carballo, o Día dos Medios en Galego

que pasa na costa | 05 de febreiro de 2020

Este venres 7 de febreiro, o Casino1889 de Carballo acolle a celebración do Día dos Medios en Galego. Unha celebración ratificada no Parlamento Galego que se celebra cada ano co gallo da saída ás rúas da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, O Tío Marcos d’A Portela, editado en Ourense por Valentín lamas Carbajal en 1876.

A organizadora Asociación de Medios en Galego (AMEGA), da que QPC forma parte, quere celebrar esta festa da noisa lingua xunto aos máis de 100 medios que cada día usan o galego para contar o que acontece no noso país.

O acto de celebraración terá lugar este venres 7 de febreiro, a partir das 20:30h no Casino1889 (sito na Rúa Vázquez Parga, 1, Carballo). O acto será presentado pola regueifeira de Bergantiños, Lupe Blanco, estará amenizado por Avelino González, e contará a participación da Deputada da área de Igualdade e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, María Muíño Filgueira; o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o alcalde do Concello de Carballo, Evencio Ferrero. 

Despois duns petiscos, pechará o acto a banda muradá Terbutalina, que malia ser xa unha das máis potentes do escaparate indie-punk do panorama estatal, segue cantando na nosa lingua.

Toda a información en www.mediosengalego.gal

Cartel Dia dos Medios en Galego 2020-Cartel

Novas relacionadas

MÁIS NOVAS

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/mais-100-cabeceiras-celebrar-terbutalina-dia-medios-galego/20200205231829117142.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia