Venres. 26.04.2024
El tiempo

Malpica prepara un ‘Verán no Mar’

Campamentos de veran en Malpica
Malpica prepara un ‘Verán no Mar’

Momento ideal para que os campamentos de verán, que facilitan a conciliación, se desenvolvan ao aire libre. Así o entende o Concello de Malpica, que convida á rapazada a ser partícipe nas actividades ‘O verán no mar’, entre as que se destacan o surf, kaiak e paddle-surf. Haberá tres xornadas, que comezarán polo 1, 2 e 3 de xullo. 

Están pensadas para idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos, e haberá dúas quendas, con 10 prazas cada unha, que se cubrirán por rigurosa orde de inscrición. Esta poderá formalizarse no Concello a partir do xoves, 25 de xuño e ata o xoves da semana anterior á celebración do mesmo. 

Cabe destacar que a segunda quenda terá lugar os días 8,9 e 10 de xullo, e a terceira quenda os días 15,16 e 17 de xullo. Para a realización das actividades seguirase o protocolo específico da COVID-19. 

Comentarios