Imprimir

Malpica xa ten praceiro preferido

que pasa na costa | 27 de xaneiro de 2012

A pasada semaan tiña lugar no propio Mercado de Malpica a entrega do premio da campaña “Este inverno presume do praceiro/a. Elixe ao teu praceiro preferido/a”, que artellou a Dirección Xeral de Comercio.

Un premio que valora a constancia, os bos produtos e a boa atención ao público. Os premiados no sorteo do día 20 de xaneiro na praza de abastos de Malpica foron os seguintes:

  • 1º premio: José Ramón Veres Tasende: 75 €
  • 2º premio: Adrián Fraga: 50 €
  • 3º premio: Adela Rey Mariño: 25 €

Os premiados foron agraciados cuns bonos de compra no propio mercado por importe de 75, 50 e 25 euros, que terán que ser cambiados en forma de descontos nas próximas compras que fagan na praza de abastos de Malpica.
A validez destes vales caducará o día 28 de febreiro de 2012.

O encargado de facer a entrega do premio foi o primeiro tenente de Alcalde Miguel Angel Fernández Mirás (que actuou como Alcalde en funcións), xa que o Alcalde de Malpica Eduardo Parga Veiga se atopa na feira FITUR de Madrid, e por parte da Consellería de Economía e Industria estivo presente no sorteo o Xefe do Servizo de Administración Industrial D. Isidoro Martínez Arca.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Malpica.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/malpica/malpica-xa-ten-praceiro-preferido/20120127073541069665.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia