Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Manuela Rial colleita dúas medallas no Campionato Provincial de Volei

Equiop feminino do Manuela Rial de Volei
Equiop feminino do Manuela Rial de Volei
O Manuela Rial colleita dúas medallas no Campionato Provincial de Volei

Segue medrando a importancia do volei na comarca. Ademais dos éxitos dos equipo sénior e xuvenil do Volei Dumbría, xa entre os mellores de todo o estado, o xérmolo de toda esta onda segue triunfando.

Falamos do Colexio Manuela Rial Mouzo de Cee, onde comezou esta febre do volei, e onde seguen apostando polo deporte. O pasado sábado día 25 celebrouse no Pavillón Monte dás Moas da Coruña o Campionato Provincial “Xogade” de Voleibol. O Colexio costeiro acudiu con 3 equipos, conseguindo uns magníficos resultados.

O equipo alevín masculino proclamouse campión provincial tras eliminar en semifinais ao Santa María do Mar da Coruña cun resultado de 2-0. Na final enfrontaríanse ao CV Narón ao que vencerían por idéntico resultado. Os xogadores ceenses poñían o broche a unha gran tempada na que foron os claros dominadores da categoría.

Equipo alevin do Manuela Rial de Volei

Na categoría infantil terían dobre representación. O equipo masculino estivo formado por xogadores alevines aínda en etapa de formación e que empezaron este ano a xogar a voleibol. Ocuparían a cuarta posición e leváronse unha gran aprendizaxe que nun futuro seguro que agradecerán.

Pola súa banda o equipo infantil feminino lograría o subcampeonato provincial tras realizar un gran campionato, impoñéndose en semifinais ao CV Narón ao que gañaron 3-1. O novo equipo formado na súa totalidade por xogadoras de primeiro ano perdería a final ante o CV Oleiros por un axustado 3-2. As xogadoras ceenses ata tiveron unha bóla de partido co 14-13 no tie-break, pero finalmente caerían derrotadas por un axustado 14-16.

Novas relacionadas

Comentarios