Venres. 26.04.2024
El tiempo

Mar de Fábula convoca dúas xornadas de limpeza en Camelle e Arou para botarlle unha man ao mar

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Lixo de todo tipo no areal de Camelle
Mar de Fábula convoca dúas xornadas de limpeza en Camelle e Arou para botarlle unha man ao mar

Segue sendo un misterio a orixe dos residuos que cada día chegan ás nosas costas. “É como se o pañol ghrande cansado de nós, tivera valeirado o seu depósito creando un fluxo sen fin de refugallos plásticos multicor ao longo de toda a ribeira entre Camelle e Arou”, dubida Xosé Manuel Barros, a alma de Mar de Fábula.

Tamén é un misterio a orixe de centos de botellas de plástico cheas de aceite de xirasol que chegaron estes días pola zona. A opinión predominante dos veciños é que as botellas son a carga dalgún container reventado ao caer ao mar dende a cuberta dun barco que pasou polo Corredor Marítimo de Fisterra. Algunha voz atreveuse a relacionar este verquido co incendio e naufraxio do ro/ro “Grande América” que afundiu diantes das costas da Bretaña francesa o pasado 12 do cte. con 2.000 vehículos a bordo e 40 containers, varios deles con mercaduría perigosa, perdidos no mar.

Lixo na praia de Camelle

Ante esta situación a comprometida entidade Mar de Fábula fai un chamamento aos veciños de Camelle e Arou e a todos os voluntarios que queiran colaborar na recollida de tapóns e anaquiños de lixo plástico que nunha inxente cantidade, mesturados co “arghasso”, teñen chegado ás praias desta dúas vilas mariñeiras, moito máis á de Camelle.

Realizarán limpezas, de aproximadamente un par de horas, en:

  • Día da limpeza en Arou, domingo 24 de marzo ás 11:00 horas.
  • Día da limpeza en Camelle, sábado 23 marzo ás 11:00 horas .

Mar de Fábula poñerá as bolsas e lubas, para que todos lle botemos unha man ao mar.

Artigos de Xosé Manuel Barros

Novas relacionadas

Outras novas

Comentarios