Venres. 26.04.2024
El tiempo

Mazaricos continúa o seu cribado quincenal do persoal de Axuda no Fogar

Cribado do persoal sanitario de Mazaricos
Mazaricos continúa o seu cribado quincenal do persoal de Axuda no Fogar

Cada 15 días dende comezos da pandemia, as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Mazaricos pasan os seus test, co obxectivo de que haia unha total seguridade para persoal e usuari@s, esas persoas maiores que forman o colectivo de maior risco. Por agora non se deu ningún positivo.

“É unha forma de controlar que o servizo sexa seguro e non haxa riscos nin para as persoas que traballan nel nin para as que utilizan os seus servizos”, explica a concelleira de Servizos Sociais, Sandra Alvite Ferreiro. A edil sinala que estes cribados tiveron sempre “moi boa acollida” por parte do persoal do servizo, e manteranse aínda que xa estea prevista a súa vacinación. “É unha forma de asegurar a posteriori, de xeito individual, a inmunidade de cada traballador que recibiu a vacina”, asegura Alvite.

Comentarios