Imprimir

Medio centenar de coches participarán na primeira edición da Subida a Dumbría

que pasa na costa | 05 de xuño de 2019

A Escudería Senra Sport, en colaboración do Concello de Dumbría e da Federación Galega de Automobilismo (FGA), organiza este fin de semana, días 8 e 9 de xuño, a primeira edición da Subida a Dumbría, unha proba que forma parte do Campionato Galego de Montaña 2019.

“Estamos moi satisfeitos, o trazado da proba é moi atractivo e esperamos que tanto os pilotos como o público pasen un gran fin de semana en Dumbría”, asegura Manuel Senra, fundador de Senra Sport, cinco veces consecutivas campión do Campionato Galego de Rally entre 2001 e 2005 e que actualmente compite no Campionato Galego de Montaña.

Aínda está aberto ata ás 21:00h deste mércores o prazo de inscrición na Subida, xa hai inscritos arredor de 50 vehículos inscritos

Os adestramentos oficiais comezarán o sábado ás 15.30 horas e a primeira manga oficial será ás 17.30 horas. A subida discorrerá pola estrada que une os lugares de Olveiroa e Hospital, ambos no Concello de Dumbría.

A entrega de premios final da I Subida a Dumbría será na Casa da Cultura de Olveira o domingo ao mediodía tras a cuarta manga oficial (a terceira comezará ás 11.30 horas).

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/dumbria/medio-centenar-coches-participaran-primeira-edicion-da-subida-dumbria/20190605115151110322.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA