Imprimir

As mobilizacións pola sanidade pública trasládanse aos Centros de Saúde

que pasa na costa | 14 de febreiro de 2019

Concentración realizada onte no Centro de Saúde de Carballo
Concentración realizada onte no Centro de Saúde de Carballo

Continúan os profesionais do servizo público de saúde pelexando por un sanidade digna. Despois da manifestación do pasado domingo en Santiago, convocada por SOS Sanidade Pública, as mobilizacións trasládanse agora aos centros de Saúde.

Boa parte dos sindicatos están convocando paros ás portas dos Centros de Saúde, como o que protagonizaron onte os profesionais do Centro de Saúde de Carballo. As concentracións, en principio durante este mes, desenvólvense os mércores ás 12:00.

Os profesionais denuncian a situación da atención primaria que ten sufrido recortes nos últimos 10’ anos, que provocan que as consultas estean saturadas, de médicos e pediatras, con 40 ou 50 pacientes por día. Por iso reclaman máis persoal, máis medios e substitucións para conseguir manter unha atención primaria digna, como nos explica un dos responsables da CIG, Xoan Sande.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/mobilizacions-trasladanse-aos-centros-saude/20190214073826106663.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA